Subvencións para promoción de actividades xuvenís.

Código de ayuda:

S50828/05

Norma:

Convocatoria de 3 de outubro de 2005.

Plazo de Solicitud:

Fecha Fin: 11/11/2005

Finalidad u objetivo de la ayuda:

Estas subvencións teñen por finalidade promover actividades que propicien o asociacionismo xuvenil, estimular o funcionamento de colectivos de mozos, así como apoiar as iniciativas culturais, sociais, formativas e de tempo libre que fomenten a participación xuvenil, tanto no marco das súas propias asociacións como na vida social activa da mocidade de Ames.

As presentes bases teñen por obxecto a convocatoria de subvencións á asociacións xuvenís para financiar a realización de programas de actividades, adquisición de equipamentos e aluguer de locais para o ano 2005.

Categorías Subvención

  • Asociacionismo y Voluntariado
  • Juventud

Localización del organismo gestor

Galicia

Convoca:

Ayuntamiento de Ames (Galicia)

Beneficiarios. ¿Quién puede solicitar esta ayuda?

  • Asociaciones
  • Entidades sin ánimo de lucro, Ong´s
  • Fundaciones

Detalle beneficiarios:

a) As asociacións e entidades sen ánimo de lucro especificamente xuvenís. Terán esta consideración as constituídas por socios entre 14 e 29 anos, ao amparo do previsto no Real Decreto 397/1988, de 22 de abril.

b) Outras entidades e/ou asociacións non especificamente xuvenís que carecendo de interés lucrativo desenvolvan programas e actividades con manifesto protagonismo xuvenil na súa elaboración e desenvolvemento.

¿Qué gastos o inversiones que realices te pueden subvencionar?

Concederanse as seguintes modalidades de subvención:
a) Programas anuais de actividades. Terán esa consideración os que recollan a totalidade das actividades a realizar pola Asociación durante o ano.
b) Programas específicos de actividades. Terán esa consideración os que propoñan a realización dunha determinada actividade ou dun grupo de actividades, pero que non constituen o programa anual.
c) Publicacións que sexan de interese para os mozos e cuxo xontido non esté publicado.

Os programas e proxectos deberán desenvolverse no ámbito municipal do término municipal de Ames.
Con carácter excepcional aceptaranse propostas que se desenvolvan fóra do mesmo, sempre que afecten maioritariamente a veciños de Ames e o seu obxecto sustantivo non constitúa unha intervención no territorio ou no medio natural, senón unha actuación de natureza educativa, recreativa e convivencial.

Poderán ser obxecto de subvención os seguintes tipos de actividades a realizar durante o exercicio anual 2005 e destinadas a poboación xuvenil do Concello de Ames:
a) A realización de actividades destinadas ao fomento da participación e do asociacionismo xuvenil.
b) Programas de animación sociocultural.
c) Actividades de lecer e tempo libre
d) Accións de formación e asesoramento en actividades e xestión de asociacións xuvenís.
e) Actividades relacionadas coa cultura e creatividade xuvenil.
f) E, en xeral, todos aqueles proxectos que se atopen dentro do ambeto de actuación da Concellaría da Mocidade.

Terán carácter prioritario e preferente a efectos de valoración aqueles programas destinados a prevención de riscos no tempo libre dos mozos, mediante o desenrolo de actividades de ocio alternativo e saudable de xeito continuado, sobre todo, os fins de semana ou en horario nocturno e en equipamentos públicos de carácter xuvenil, cultural, educativo, social e deportivo.

Documentos asociados

Boletín: 18/10/2005
BO Provincia de La Coruña- Nº 238
Documento: Convocatoria 2005 Descargar Documento