Subvencións municipais para rehabilitación do casco histórico de Melide.

Código de ayuda:

S46555/05

Norma:

Sesión de 12 de agosto de 2005.

Plazo de Solicitud:

Fecha Fin: 03/10/2005

Finalidad u objetivo de la ayuda:

As subvencións obxecto desta convocatoria pretenden acadar o embelecemento do conxunto arquitectónico do casco histórico de Melide, importante núcleo da ruta xacobea polo que transcorre o Camiño de Santiago, tanto o Camiño Primitivo coma o Francés, este último declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Categorías Subvención

  • Patrimonio Cultural y Arquitectura
  • Vivienda y Urbanismo

Localización del organismo gestor

Galicia

Convoca:

Ayuntamiento de Melide (Galicia)

¿Cuánto dinero puedes obtener con esta ayuda?

O importe das axudas PODERÁ ascender ata o 40% do importe das obras protexibles, cun máximo de 1200 euros por edificación, sendo subvencionable soamente ata o dito importe polo total dos conceptos; seguindo os seguintes criterios para a concesión da subvención:
9 euros/m2 .- Pintura de fachadas ( deducirase ocos maiores de 1m2)
20 euros/m2 -limpeza e encintado de fachadas de pedra
90 euros/m2 - Aplacado de pedra en fachadas
150 euros/m2 - Carpintería exterior en madeira, PVC ou alumnio lacado, en fiestras ou galerias e portas(en vivendas)
15 euros/ml - Canlóns de aluminio ou cobre

Carteis publicitarios, rótulos e semellantes de tipo tradicional, de madeira ou ferro forzado:
0,50 m2: 120euros
1,00 m2: 180euros
2 m2 ou mais: 300 euros

Beneficiarios. ¿Quién puede solicitar esta ayuda?

  • Particulares / Personas físicas
  • Sociedades Civiles

Detalle beneficiarios:

a) Os propietarios de edificacións
b) As comunidades de edificacións.
c) Os arrendatarios ou inquilinos, sempre que sexan os que executen e paguen as obras dos edificios.

¿Qué gastos o inversiones que realices te pueden subvencionar?

1. Pintura de fachadas ( deduciranse ocos maiores de 1 m2)
2. Limpeza e encintado de fachadas de pedra
3. Aplacado de pedra en fachadas
4. Carpintería exterior en madeira, PVC ou alumino lacado, en fiestras ou galerías e portas ( en vivendas)
5. Canlóns en alumnio ou cobre
6. Subsitución de carteis publicitarios, rótulos e semellantes, por outros de tipo tradicional, de madeira ou ferro forzado

Requisitos:

- As edificacións deberán estar situadas no interior do casco histórico, entendéndose por tal o definido na ordenanza 5 das NSPM de Melide, aprobadas definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña, en sesión celebrada o día 7 de abril de 1994 (BOP nº 150, do 2 de xullo de 1994).
- Que a antigüidade do edificio sexa igual ou superior a 10 anos, tomándose para o cómputo do prazo o da finalización da obra. En todo caso quedan excluídas as edificacións de nova construción cunha antigüidade menor á disposta neste apartado.
- As obras deberán, en todo caso, adaptarse á tipoloxía propia da zona, en consonancia coa Comisión de Patrimonio.
- Non ter pendente de xustificar ningunha subvención concedida polo Concello de Melide, ou ter desistido de forma motivada e por escrito.
- Estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
- Así como cumprir cos requisitos establecidos no artigo 13 da Lei 38/2003 do 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS).

Documentos asociados

Boletín: 17/09/2005
BO Provincia de La Coruña- Nº 214
Documento: Convocatoria 2005 Descargar Documento