Subvencións a organizacións non gobernamentais de desenvolvemento (ONGD) para a realización de proxectos concretos de cooperación en países menos desenvolvidos e de sensibilización na cidade de Lugo.- Convocatoria 2012.

Código de ayuda:

S26873/12

Norma:

Lugo, 12 de julio de 2012. Lugo, 26 de xuño de dous mil doce.

Plazo de Solicitud:

Fecha Fin: 30/07/2012

Finalidad u objetivo de la ayuda:

Regulan a concesión de subvencións a organizacións non gobernamentais de desenvolvemento (ONGD) para a realización de proxectos concretos de cooperación en países menos desenvolvidos e de sensibilización na cidade de Lugo.

Categorías Subvención

  • Asociacionismo y Voluntariado
  • Cooperación al Desarrollo e Inmigración / Emigración

Localización del organismo gestor

Galicia

Convoca:

Ayuntamiento de Lugo (Galicia)

Beneficiarios. ¿Quién puede solicitar esta ayuda?

  • Asociaciones
  • Entidades sin ánimo de lucro, Ong´s
  • Fundaciones

Detalle beneficiarios:

As organizacións non gobernamentais de desenvolvemento que reúnan os requisitos.

¿Qué gastos o inversiones que realices te pueden subvencionar?

Proxectos concretos de cooperación en países menos desenvolvidos e de sensibilización na cidade de Lugo.

Requisitos:

a) Estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento creado pola Xunta de Galicia en virtude do Decreto 326/2004, do 29 de decembro,
modificado polo Decreto 90/2011, do 5 de maio.

b) Acreditar, no caso de proxectos de cooperación ao desenvolvemento, unha experiencia mínima de 2
anos no ámbito territorial de actuación para o que se solicita o proxecto.

c) Carecer de ánimo de lucro e non depender economicamente ou institucionalmente de entidades
lucrativas.

d) Ter entre os seus fins institucionais expresos, segundo os seus propios Estatutos, a realización de
actividades relacionadas coa cooperación ao desenvolvemento e o fomento da solidariedade entre os pobos, cooperación social ou similares.

e) Dispor de estrutura necesaria para garantir o cumprimento dos seus obxectivos acreditando unha
experiencia mínima de catro anos realizando proxectos coa consecuente capacidade operativa para isto.

f) Ter xustificadas en prazo e de acordo coas bases reguladoras de cada convocatoria as subvencións
concedidas, con anterioridade polo Concello de Lugo, para o cumprimento de fins análogos, durante os dous exercicios económicos anteriores.

g) Estar ao corrente das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, á
Delegación de Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia, á Tesourería Territorial da Seguridade Social e co Concello de Lugo respectivamente.

h) Non estar incurso en prohibición para obter a condición de beneficiario/a das subvención de conformidade co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o artigo 13 da Lei
38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

i) Presentar un proxecto que sexa tecnicamente viable.

l) Ter sede, domicilio social ou delegación permanente na Comunidade Autónoma de Galicia e manter a
entidade aberta durante a execución do proxecto e ata 1 ano despois da súa finalización. Entenderase por
delegación permanente aquela que conte con persoal permanente da organización e local fixo onde realicen as súas actividades. Neste caso, esta asumirá a responsabilidade directa na presentación da solicitude e comprometerase ao mantemento da documentación, á contabilidade e coxestión do proxecto.

m) Que se identifiquen contrapartes ou socios locais que participen responsablemente na execución
material do proxecto e na xestión dos recursos, contando expresamente o seu compromiso no proxecto.

Documentos asociados

Boletín: 30/06/2012
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 150
Documento: Bases, Convocatoria 2012 y Anexos (11-27). Descargar Documento
Boletín: 17/07/2012
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 136
Documento: Anuncio. Descargar Documento