Subvencións a asociacións e persoas xurídico-privadas privadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral e sectorial e para o mantenemento de equipamentos.

Código de ayuda:

S26855/05

Norma:

Decreto da Alcaldía 112/2005.

Plazo de Solicitud:

Fecha Fin: 21/06/2005

Finalidad u objetivo de la ayuda:

As presentes Bases teñen por obxecto a concesión de subvencións a asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento durante o exercicio 2005 de programas e actividades de interese xeral e sectorial así como para o mantemento, conservación e pequenas reparación de infraestructuras e que se tramitan polas áreas de: Muller e Benestar Social; Servizos Xerais e Cultura, Turismo e Educación.

Categorías Subvención

  • Actividades culturales, lingüísticas y Deporte
  • Asociacionismo y Voluntariado
  • Educación y Ciencia
  • Inversiones Materiales y Equipos
  • Mujeres, Infancia y Ayudas familiares
  • Otras
  • Turismo y Hostelería

Localización del organismo gestor

Galicia

Convoca:

Ayuntamiento de Lugo (Galicia)

Beneficiarios. ¿Quién puede solicitar esta ayuda?

  • Asociaciones
  • Entidades sin ánimo de lucro, Ong´s
  • Fundaciones

Detalle beneficiarios:

As asociacións ou entidades sen ánimo de lucro do municipio de Lugo que cumpran os seguintes requisitos:

1) Estar legalmente constituídas e domiciliadas no municipio de Lugo e figurar, no caso de tratarse de asociacións, inscritas no Rexistro municipal de asociacións do Concello de Lugo.

Excepcionalmente, cando a actividade teña interese social, económico ou humanitario para os veciños do municipio de Lugo, poderanse conceder subvencións a entidades foráneas e non inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións Veciñais.
A fundamentación do dito interese acreditarase mediante a achega dunha memoria para o efecto. En todo caso as actividades ou proxectos financiados a través de subvención municipal deben desenvolverse no termo municipal ou ir dirixidos ós veciños de Lugo, e redundar nun beneficio para os seus cidadáns.

2) Estar ó corrente das súas obrigas fiscais co Concello de Lugo.
3) Non estar incurso en ningunha das prohibicións para obte-la condición de beneficiario das subvencións previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
4)Ter debidamente xustificados os gastos correspondentes a subvencións concedidas con anterioridade polo Concello de Lugo, ou xustificación razoada do motivo do incumprimento da obriga de xustificar.

¿Qué gastos o inversiones que realices te pueden subvencionar?

a) Actuacións de carácter formativo, educativo, cultural, deportivo, de información, asesoramento e orientación (charlas, coloquios, conferencias, publicacións, concertos, eventos, etc.) en materias de interese xeral para os cidadáns ou sectorial para algún colectivo que mereza especial atención.
b) Programas de apoio a colectivos en situación de desvantaxe ou desprotección social (orientación, prevención da marxinación, rehabilitación, programas de atención e apoio, programas de inserción social, programas para persoas minusválidas, programas específicos de apoio a mulleres...).
c) Actuacións de apoio a asociados e familias para afrontar enfermidades ou situacións de conflictos familiares e as súas consecuencias (terapias, apoio psicolóxico, grupos de axuda...).

Gastos subvencionables:
Serán subvencionables os gastos correntes necesarios para o desenvolvemento da actividade tales como: alugueres, gastos de transporte, gastos de pequena reparación, mantemento e conservación de bens propios ou alugados, adquisición de material no inventariable, subministros (auga, gas, electricidade, teléfono, combustible...) vestiario, productos alimenticios, sanitarios… e outros gastos diversos como publicidad,imprenta …

Tamén serán subvencionables os gastos de persoal necesario para o desenvolvemento dos programas e actividades subvencionadas.

Non serán subvencionables os gastos de investimento tales como adquisición,construcción e reforma de bens inventariables.

En ningún caso serán gastos subvencionables os intereses deudores de contas bancarias, xuros, recargos e sancións administrativas e penais e os gastos de procedementos xudiciais.

Documentos asociados

Boletín: 21/05/2005
BO Provincia de Lugo- Nº 114
Documento: Bases Reguladoras 2005 y Solicitud Descargar Documento