Subvenciones para la movilización, dinamización y sistematización de la innovación, se procede a su convocatoria para el año 2008.

Código de ayuda:

S41273/08

Norma:

Orden de 2 de mayo de 2008.

Plazo de Solicitud:

Fecha Fin: 02/07/2008

Finalidad u objetivo de la ayuda:

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Innovación e Industria para a mobilización, dinamización e sistematización da innovación
(código de procedemento: IN828A), que se inclúen como anexo I desta convocatoria.

Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2008.

Categorías Subvención

  • Asesorías, Auditorías y Consultorías Externas
  • Formación
  • I + D + i (Investigación+Desarrollo+Innovación)
  • Recursos Humanos

Localización del organismo gestor

Galicia

Convoca:

Consellería de Innovación e Industria (Galicia)

¿Cuánto dinero puedes obtener con esta ayuda?

Establécense os seguintes límites de financiamento por modalidades:

-Xornadas, seminarios e obradoiros: máximo 20.000 euros por evento. Non obstante poderán aceptarse programas completos con varios eventos que non superen entre todos os 100.000 euros.
-Accións de dinamización da innovación: mínimo 10.000 euros e máximo 100.000 euros.

Beneficiarios. ¿Quién puede solicitar esta ayuda?

  • Asociaciones
  • Cooperativas y Sociedades Laborales no Agrarias
  • Entidades sin ánimo de lucro, Ong´s
  • Fundaciones
  • Microempresas (menos de 10 empleados)
  • Pymes (menos de 250 empleados)

Detalle beneficiarios:

Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos
nestas bases:

-Os organismos de intermediación e representación empresariais con personalidade xurídica propia
e sen fin de lucro, que aglutinan colectivos sectoriais e/ou xeográficos de empresas, e que ademais
dunha función de representación do colectivo deben prestar de forma habitual servizos de apoio ás
empresas e presentar un interese preferente pola innovación. Poderán ser organizacións de ámbito
xeográfico autonómico, provincial ou local, tanto de carácter xeral como sectoriais ou de especialización
tecnolóxica, que dispoñan de sede social ou dalgún centro de traballo en Galicia.

-Empresas consultoras con especialización e experiencia demostrable na xestión da innovación e no
fomento de accións de articulación do Sistema de Innovación, que entre as súas actividades oferten
servizos de consultaría en innovación e dispoñan de sede social ou dalgún centro de traballo en Galicia.
Ademais, as empresas deberán dispor de capacitación e experiencia nalgunha das seguintes áreas:
participación na elaboración de plans estratéxicos de innovación; dirección de implementación de sistemas
e/ou modelos de xestión da innovación; definición e/ou implementación de proxectos de innovación nos ámbitos de proceso, produto/servizo, mercado de organización; realización de diagnósticos de innovación ou tecnolóxicos; elaboración de plans de innovación ou tecnolóxicos; protección e explotación dos resultados de I+D+I; financiamento e fiscalidade da I+D+I.

Quedan expresamente excluídas destas axudas as empresas en crise.

¿Qué gastos o inversiones que realices te pueden subvencionar?

O obxecto das subvencións reguladas é o financiamento e actuacións destinadas a:

* Sensibilizar e mobilizar as empresas acerca da importancia da innovación e da necesidade dunha
xestión sistemática e profesionalizada desta.
* Ensaiar e implantar procedementos de sistematización dos procesos de innovación nas empresas que redunden nunha maior eficacia deles.
* Desenvolver dinámicas de utilización continuada de servizos externos para a xestión da innovación como unha actividade habitual da empresa.
* Fomentar o desenvolvemento dunha cultura e estrutura empresarial proclives á innovación.
* Fomentar a cooperación entre axentes do sistema de innovación:
-Favorecendo o traballo conxunto de distintos axentes do SGII, o seu mutuo coñecemento e o desenvolvemento de actividades en cooperación, especialmente Pemes ou colectivos de Pemes con axentes xeradores de coñecemento.
-Contribuíndo á xeración de proxectos de I+D+I e en particular de proxectos de colaboración.
-Fomentando a transferencia de coñecemento, resultados de investigación e tecnoloxía.

O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

Naqueles proxectos obxecto de subvención, nos que participen empresas e dos que derive unha axuda
directa e cuantificable para as empresas participantes, esta axuda quedará amparada no Regulamento
(CE) Nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado das axudas de minimis. Será requisito indispensable, para o aboamento da axuda, que xunto coa conta xustificativa se achegue unha declaración xurada do representante legal de cada empresa participante, relativa ás axudas acollidas ao réxime de minimis, que recibisen durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal no que se tivese aprobado a axuda.

Para os efectos desta convocatoria, enténdese innovación no seu sentido máis amplo como a busca
sistemática de oportunidades para crear novos produtos e servizos, e mellorar procesos, achegándolles valor aos clientes e incrementando a capacidade de creación de riqueza na propia empresa.

Consideraranse actuacións subvencionables:

Modalidade A:
Xornadas, seminarios e obradoiros sobre a importancia da innovación e a súa aplicación sistemática e profesionalizada.
A xeito de exemplo orientativo aínda que non limitativo cítanse algunhas temáticas para as accións de
sensibilización:
-Xeración de novos conceptos (produtos, procesos, negocios, mercados …) a través da creatividade, da
xestión da información interna e externa, da prospectiva.
Trátase, en definitiva, de identificar e xestionar fontes de ideas de cambio na empresa.
-Cultura innovadora; observación sistemática dos cambios como base da planificación empresarial;
compromiso coa innovación e tolerancia ao risco; xestión da aprendizaxe organizacional; xestión sistemática da innovación e carteira de proxectos.
-Xestión do coñecemento e das competencias; xestión da tecnoloxía e da propiedade industrial e intelectual.
-Rendibilización dos procesos de cambio: desenvolvemento de produtos e servizos; desenvolvemento de novos mercados, e xestión de investimentos e procesos de innovación.
No caso de xornadas e seminarios de sensibilización valorarase especialmente a capacidade de convocatoria e impacto sobre un elevado número de destinatarios. No caso de obradoiros de innovación
daráselles prioridade a aqueles dirixidos a grupos reducidos de empresas, orientados a desenvolver
accións concretas con cada empresa participante.

Modalidade B:
Accións de dinamización da innovación en colectivos empresariais de ámbito xeográfico e/ou sectorial
e proxectos piloto de implantación de sistemáticas de innovación en Pemes en particular:
-Implantación de metodoloxías e sistemas de xestión da innovación.
-Adecuación das estruturas organizativas para facilitar a implantación, dinamización ou sistematización dos procesos de innovación.
-Creación e dinamización de equipos/grupos de traballo de innovación na empresa.
-Estudos de oportunidade, nos que se incluirán revisións do estado da arte, análises de situación actual e prospectiva e viabilidade económico-financeira do desenvolvemento dos resultados dun proxecto de I+D+I ata a fase comercial.
-Auditorías tecnolóxicas e de innovación.

Terán a consideración de gastos subvencionables:

Modalidade A:
1. Pagamentos a conferenciantes. Deberanse identificar os conferenciantes ou cando menos especificar
o seu perfil. Tamén se deberá detallar o número de horas da súa intervención.
2. Gastos de desprazamento, manutención e aloxamento de conferenciantes. Cando se conte con conferenciantes de fóra de Galicia ou doutros países, deberase xustificar a oportunidade destas intervencións e a singularidade do perfil dos relatores.
3. Aluguer de salas ou instalacións.
4. Dedicación de persoal propio da entidade organizadora do evento, sempre que non supere o 20% do orzamento total da acción.

Modalidade B:
1. Gastos de persoal propio ou contratado dedicado directamente ás actuacións do proxecto que se
presente. En caso de persoal propio deberán especificarse que tarefas desenvolverá este persoal no proxecto e xustificar a experiencia e capacitación para o desempeño destas tarefas. As taxas horarias de
persoal deberán ser acordes co nivel de competencia e retribución na empresa; a intensidade de dedicación
ao proxecto deberá ser coherente coa función desempeñada polo persoal na empresa.
2. Gastos de asesoría, consultoría, titoría ou formación realizadas por entidades consultoras externas.
3. Outros gastos, sempre que a súa necesidade e pertinencia estea debidamente xustificada.
4. Con carácter xeral non se admitirán gastos en material inventariable. Só en casos excepcionais,
debidamente xustificados, se podería considerar o financiamento deste tipo de gastos.
5. Estas subvencións terán unha única anualidade; polo tanto só se admitirán aqueles gastos e actuacións,
dos relacionados no punto anterior, que fosen realizados e pagados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro e a data de xustificación establecida no artigo 16.1º destas bases.
6. Quedan expresamente excluídas do ámbito de aplicación desta orde as actuacións seguintes:
a) Estudos de viabilidade de proxectos de I+D, diagnósticos tecnolóxicos e de innovación para empresas realizados de xeito individualizado, así como preparación de novos proxectos de I+D+I, tal como están formulados na orde de subvencións para o fomento da innovación empresarial.
b) Realización de estudos de innovación de ámbito sectorial ou xeográfico e diagnósticos de tecnoloxías
críticas para determinados sectores.
c) Desenvolvemento de páxinas web e ferramentas informáticas para a xestión da innovación.
d) Implantación das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC).
7. Non serán obxecto de subvención as actuacións desenvolvidas dentro da axenda estratéxica de innovación ou outras derivadas do funcionamento das plataformas tecnolóxicas galegas por ser obxecto de
subvención noutra convocatoria da Dirección Xeral de I+D+I.

Documentos asociados

Boletín: 02/06/2008
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 105
Documento: Bases, Convocatoria 2008 y Anexos Descargar Documento