Subvenciones a particulres, para llevar a cabo actuaciones de rehabilitación en el Área de Rehabilitación del Recinto Histórico de Lugo, Fase VI.

Código de ayuda:

S38100/05

Norma:

Convocatoria de 17 de junio de 2005.

Plazo de Solicitud:

Fecha Fin: 29/08/2005

Finalidad u objetivo de la ayuda:

A concesión de subvencións a propietarios e/ou inquilinos de vivendas e/ou edificios do recinto histórico de Lugo, para rehabilitación destes, en execución do “convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Lugo en materia de actuacións na área de rehabilitación do recinto histórico de Lugo, 6ª fase", asinado o 26 de febreiro de 2004, aprobado por Decreto da Alcaldía nº 43/2004, do 19 de febreiro, do Libro de resolucións en materia de contratación-fomento, co fin, entre outros, de acometer 60 actuacións cualificadas en vivendas e edificios do devandito recinto histórico de Lugo.

Categorías Subvención

  • Patrimonio Cultural y Arquitectura
  • Vivienda y Urbanismo

Localización del organismo gestor

Galicia

Convoca:

Ayuntamiento de Lugo (Galicia)

Beneficiarios. ¿Quién puede solicitar esta ayuda?

  • Particulares / Personas físicas

Detalle beneficiarios:

Todas aquelas unidades familiares que demostren insolvencia para acometer as obras necesarias, a cal será avaliada con base na presentación da documentación seguinte:
- Certificado dos Servizos Sociais que demostre a precariedade económica.
- Xustificante de ingresos.
- Fotocopia da última declaración do Imposto sobre a renda de persoas físicas, declaración de patrimonio ou certificado negativo de Facenda, se fose o caso.
- Declaración xurada de carecer doutra vivenda dentro do Concello de Lugo.
- Calquera outro documento que se poida solicitar para os efectos de cualificar a actuación como extraordinaria.

¿Qué gastos o inversiones que realices te pueden subvencionar?

As vivendas rehabilitadas obxecto dos distintos tipos de actuacións subvencionadas a través das presentes bases destinaranse a residencia habitual e permanente do propietario ou, de ser o caso, do inquilino.

Considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actuación de rehabilitación subvencionada e se realicen con anterioridade á finalización do período de xustificación.

As devanditas actuacións de rehabilitación estarán incluídas nos seguintes tipos:
A.- A rehabilitación de edificios:
- Actuacións de remodelación, reestruturación, baleirados e demolicións parciais nos edificios con uso residencial que impliquen a adecuación estrutural e funcional destes. Dentro destas actuacións diferenciaranse as seguintes:
1.- As que realizan o baleirado interior da edificación.
2.- As que non realizan o baleirado interior da edificación.
- Actuacións nos elementos comúns das edificacións e de mellora e conservación de elementos que fosen requiridas polos seus valores arquitectónicos, históricos e ambientais.
B.- Rehabilitación de edificios dunha soa vivenda.
C.- Rehabilitación de vivendas:
- Actuacións para a adecuación das condicións de habitabilidade das vivendas nos edificios residenciais.

Documentos asociados

Boletín: 29/06/2005
BO Provincia de Lugo- Nº 147
Documento: Convocatoria 2005 Descargar Documento