Subvenciones a entidades de iniciativa social para inversion, mantenimiento y promocion de actividades y programas de servicios sociales y se procede a su convocatoria.

Código de ayuda:

S12200/08

Norma:

Orden de 8 de febrero de 2008.Orden de 24 de junio de 2008.

Plazo de Solicitud:

Fecha Fin: 22/03/2008

Finalidad u objetivo de la ayuda:

Esta orde ten por obxecto o establecemento de subvencións ás entidades de iniciativa social que, de
conformidade coa Lei 4/1993, do 14 de abril, de servizos sociais, e os regulamentos que a desenvolven,
levan a cabo programas e prestan servizos sociais nos seguintes niveis de atención e áreas de actuación:

a) Servizos sociais de atención primaria. Que comprenden os programas de orientación, asesoramento e
información; de axuda no fogar; de inserción social; de animación, prevención e fomento da cooperación
social; de convivencia alternativa ou calquera outro que dea cumprimento ao obxecto deste nivel de atención, segundo se recolle no Decreto 240/1995, do 28 de xullo (Diario Oficial de Galicia nº 157, do 17 de
agosto), que consiste prioritariamente nunha acción social globalizadora e polivalente dirixida ao conxunto
da poboación dun ámbito xeográfico determinado.
Para estes efectos, consideraranse centros propios deste nivel de atención os centros sociais, centros de
día, centros ocupacionais, centros de acollida, albergues e outros nos que se desenvolvan os programas
antes citados de atención primaria.
b) Servizos sociais especializados na área de atención ás persoas con discapacidade, co obxecto de acadar a súa máxima autonomía e independencia, impulsando a súa participación social e asociativa e facendo efectiva a igualdade de oportunidades a través de accións de apoio de carácter específico, destinadas a previr ou compensar as desvantaxes ou especiais dificultades que teñen as persoas con discapacidade, atendendo aos diferentes tipos e graos de discapacidade.
c) Servizos sociais especializados na área de atención ás persoas maiores, orientados á consecución do
seu benestar, autonomía e integración social.
d) Servizos sociais especializados na área de atención aos menores.

Categorías Subvención

  • Asociacionismo y Voluntariado
  • Discapacidad / Personas con discapacidad
  • Sanidad, Servicios Sociales y Mayores

Localización del organismo gestor

Galicia

Convoca:

Vicepresidencia de la Igualdad y del Bienestar (Galicia)

¿Cuánto dinero puedes obtener con esta ayuda?

a) Tanto nas subvencións de investimento na modalidade de implantación de programas e medidas innovadoras, e procedementos de mellora de calidade en servizos de atención aos menores, incluída na área de atención a menores, como nas de mantemento de centros e promoción de actividades, a subvención poderá significar o financiamento total ou parcial do gasto, sen que, en ningún caso, implique duplicidade de financiamento.

b) No caso das subvencións de investimento, o importe da subvención que se conceda poderá alcanzar
como máximo o 75% do orzamento presentado.

c) En calquera caso, a suma dos fondos obtidos de calquera Administración pública e das subvencións
concedidas por todo tipo de organismos privados, percibidas coa mesma finalidade, non poderá superar o importe total do gasto efectuado. Así mesmo, a subvención reducirase proporcionalmente cando non se xustifique a totalidade do gasto para o que foi concedida.

Beneficiarios. ¿Quién puede solicitar esta ayuda?

  • Asociaciones
  • Entidades sin ánimo de lucro, Ong´s
  • Fundaciones

Detalle beneficiarios:

Poderán solicitar as subvencións reguladas nesta orde as entidades de iniciativa social referidas no artigo 32.2º c) da Lei 4/1993, do 14 de abril, de servizos sociais, que desenvolvan programas e presten os
servizos establecidos no artigo anterior, sempre que se atopen debidamente inscritas con anterioridade á
data de remate do prazo de presentación de solicitudes no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos
Sociais, regulado polo Decreto 291/1995, do 3 de novembro (Diario Oficial de Galicia nº 218, do 14 de
novembro), e pola Orde do 5 de febreiro de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 35, do 19 de febreiro), que desenvolve o anterior, e cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

¿Qué gastos o inversiones que realices te pueden subvencionar?

Os tipos de subvencións que se poderán solicitar son os seguintes:

A. De investimento en centros de servizos sociais de atención primaria.
Son gastos elixibles para este tipo:
-A adquisición de inmobles.
-A construción, ampliación, reforma e mellora da accesibilidade de inmobles.
-O equipamento e a moblaxe.

B. De mantemento en centros, equipamentos e servizos sociais de atención primaria.
Inclúense neste tipo aqueles centros, equipamentos e servizos que complementen os ámbitos de intervención social da rede pública concertada de servizos sociais neste nivel de atención. Os contidos dos centros e servizos elixibles para seren subvencionados con cargo a esta orde axustaranse ao tipificado nos
artigos 2 , 3, e 8 do Decreto 240/1995, do 28 de xullo, polo que se regula este nivel de atención do sistema
de servizos sociais.

C. De promoción de actividades e programas básicos, innovadores e complementarios de atención primaria.
Inclúense neste tipo o desenvolvemento de actividades e programas que complementen, amplíen ou
innoven os programas básicos de actuación dos servizos sociais de atención primaria referidos no artigo 9
do Decreto 240/1995, incluída a organización de xornadas, seminarios e outros eventos relacionados coa
formación, debate e sensibilización.
O número de programas de actividades para os que se poderá solicitar subvención será como máximo de
tres, e indicarase a orde de prioridade entre eles.

D. De investimento en centros e servizos sociais especializados na área de atención as persoas con discapacidade:
Son gastos elixibles para este tipo de subvención:
-A adquisición de inmobles.
-A construción, ampliación, reforma e mellora dos inmobles en xeral.
-A adaptación dos edificios ás condicións de accesibilidade establecidas na Lei 8/1997, do 20 de agosto, de
accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 166, do 29 de agosto) e no Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, que a desenvolve (Diario Oficial de Galicia nº 41, do 29 de febreiro).
-A adquisición e instalación de equipamento e moblaxe, así como a adquisición de vehículos de transporte.

E. De mantemento de centros e servizos sociais especializados na área de atención ás persoas con discapacidade.
Inclúense neste tipo as que teñen por obxecto a colaboración para o desenvolvemento da actividade
ordinaria de entidades e centros a través do financiamento de gastos de persoal e de gastos xerais de funcionamento do centro.

F. De promoción de actividades básicas, innovadoras e complementarias no ámbito dos servizos sociais
especializados na área de atención ás persoas con discapacidade, incluída a organización de xornadas,
seminarios e outros eventos relacionados coa formación, debate e sensibilización.
O número de programas de actividades para os que se poderá solicitar subvención será como máximo de
tres, e indicarase a orde de prioridade entre eles.

G. De mantemento de centros de servizos sociais especializados na área de atención ás persoas maiores.

H. De promoción de actividades básicas, innovadoras e complementarias no ámbito dos servizos sociais especializados de atención ás persoas maiores, incluída a organización de xornadas, seminarios e outros eventos relacionados coa formación, debate e sensibilización.

I. De investimento en centros e servizos especializados na área de atención aos menores.
Son gastos elixibles para este tipo de subvención os seguintes:
-A adquisición de inmobles.
-A construción, ampliación, reforma e mellora da accesibilidade de inmobles.
-O equipamento e a moblaxe e as melloras de confortabilidade non susceptibles de autorización municipal.
-O equipamento tecnolóxico (ordenadores, modems, impresoras, etc.) e comunicacións (acceso á rede,
software, etc).
-A implantación de programas e medidas innovadoras, e procedementos de mellora de calidade en servizos
de atención aos menores.

Documentos asociados

Boletín: 22/02/2008
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 38
Documento: Bases, Convocatoria 2008 y Anexos Descargar Documento
Boletín: 01/07/2008
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 126
Documento: Modificación Descargar Documento