Ordenanza Reguladora das Medidas de apoio á inserción socio-familiar para persoas que participen no programa de intervención familiar.

Código de ayuda:

S50846/05

Norma:

Bases de 5 de outubro de 2005.

Plazo de Solicitud:

Ordenanza Reguladora. Sin especificar.

Finalidad u objetivo de la ayuda:

A presente ordenanza ten por obxecto a regulación das medidas de apoio económico que o Concello de Cambre dirixa en cada momento a unha familia determinada como ferramenta de traballo no marco exclusivo da intervención familiar.

Estas medidas de apoio á inserción social e familiar son un instrumento da intervención profesional e socio-familiar e non un fin para poder acceder ao programa de intervención familiar, e tramítanse condicionando a súa concesión, se fora o caso, ao cumprimento dos obxectivos propostos no Plan de intervención familiar.

Mediante estas axudas preténdese facer fronte a situacións de desprotección que non son cubertas por outras administracións ou institucións e que precisen dunha resposta inmediata e urxente.
Están dirixidas a persoas e/ou familias que pola súa condición socio-económica non poidan nun momento dado, afrontar unha serie de necesidades básicas, supoñéndolles, a súa falta de cobertura, un grave desaxuste familiar.
Son medidas de carácter puntual ou temporal, periódicas, non periódicas, ou de emerxencia, que pretenden impedir así que unha carencia económica específica, se converta nunha situación de necesidade crónica que leve á marxinación.
Teñen como obxectivo final conseguir a motivación do núcleo familiar en tanto non alcance a súa autonomía económica e unha mellora da súa integración social.

Categorías Subvención

  • Mujeres, Infancia y Ayudas familiares

Localización del organismo gestor

Galicia

Convoca:

Ayuntamiento de Cambre (Galicia)

Beneficiarios. ¿Quién puede solicitar esta ayuda?

  • Particulares / Personas físicas

Detalle beneficiarios:

As persoas e/ou familias.

Requisitos:

- Empadroamento ou residencia efectiva e convivencia no concello.

- Dispor dunha renda per cápita mensual igual ou inferior ao 25% do Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples (IPREM), deducidos dos ingresos líquidos, os gastos de alugueiro ou amortización da vivenda. No caso de tratarse dunha familia sen ningún tipo de ingresos farase unha declaración xurada do cabeza de familia acreditando a súa situación económica e persoal. No caso dun só membro na unidade familiar o límite de ingresos será o equivalente ao importe da pensión non contributiva, sen aplicarse as deducións polos gastos de alugueiro ou amortización da vivenda.

- Valoración favorábel á solicitude e diagnóstico das traballadoras sociais correspondentes, acompañado do visto e prace da Coordinadora de servizos sociais.

- Compromiso de cumprimento de obxectivos por parte dos usuarios tras a valoración realizada pola traballadora social correspondente segundo documento elaborado para o efecto.

- Cumprimento de obxectivos prantexados co usuario na intervención familiar se é o caso, mediante informe social elaborado pola traballadora social correspondente.

- No caso de non reunir os requisitos xerais, queda aberta a posibilidade da concesión das medidas de apoio segundo a valoración dos técnicos para aqueles casos que por razón de necesidade, precariedade ou urxencia se atopen nunha situación de desprotección, no mesmo intre da súa petición, sendo necesario nestes casos un informe da traballadora social e co visto e prace da coordinadora do departamento.

Documentos asociados

Boletín: 18/10/2005
BO Provincia de La Coruña- Nº 238
Documento: Ordenanza Reguladora Descargar Documento