Ayudas, programa de incentivos para promover la afiliacion a la seguridad social de las personas cotitulares o titulares de explotaciones agrarias, y se procede a su convocatoria para el año 2008.

Código de ayuda:

S38855/08

Norma:

Orden de 16 de mayo de 2008.

Plazo de Solicitud:

Fecha Fin: 30/09/2008

Finalidad u objetivo de la ayuda:

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras, e a súa convocatoria para o ano 2008, do
programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares e titulares
de explotacións agrarias de Galicia, especialmente das mulleres, coa finalidade de promover a creación
do emprego e a mellora laboral no agro galego, facilitando mediante incentivos a súa alta na Seguridade
Social.

Categorías Subvención

  • Agricultura, Ganadería, Caza y Pesca
  • Empleo
  • Mujeres, Infancia y Ayudas familiares
  • Recursos Humanos

Localización del organismo gestor

Galicia

Convoca:

Consellería de Trabajo (Galicia)

Beneficiarios. ¿Quién puede solicitar esta ayuda?

  • Autónomos
  • Cooperativas y Sociedades Laborales no Agrarias
  • Cooperativas y Sociedades Laborales no Agrarias
  • Microempresas (menos de 10 empleados)
  • Particulares / Personas físicas
  • Pymes (menos de 250 empleados)

Detalle beneficiarios:

Poderán ser beneficiarias deste programa as persoas incorporadas á actividade agraria incluídas nalgún
dos seguintes colectivos e que cumpran os requisitos previstos para cada suposto.

1. Persoas cotitulares de explotacións agrarias, incorporadas ao réxime especial agrario da Seguridade
Social, sempre que reúnan os seguintes requisitos:
a) Que a súa incorporación se producise a partir do 1 de xaneiro de 2006.
b) Ter corenta ou menos anos de idade no momento da dita incorporación.
c) Que o seu ou a súa cónxuxe, cotitular da mesma explotación agraria, estea de alta no mesmo réxime
especial.
d) Que sexan beneficiarias da redución do 30 por cento das cotas á Seguridade Social establecida na
disposición adicional cuadraxésimo novena da Lei 30/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2006 ou na disposición adicional primeira da Lei 18/2007.

2. Persoas incorporadas ao réxime especial agrario da Seguridade Social, como traballadores por conta
propia, sempre que reúnan os seguintes requisitos:
a) Que a súa incorporación se producira no período do 1 de agosto de 2007 e ata o 31 de decembro de 2007.
b) Que teñan corenta ou menos anos de idade no momento da dita incorporación.
c) Que sexan cónxuxes ou descendentes do titular da mesma explotación agraria, sempre que este se
atope incluído no citado réxime especial.
d) Que sexan beneficiarias da redución do 30 por cento das cotas á Seguridade Social establecida na
disposición transitoria segunda da Lei 18/2007.

3. Persoas incorporadas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos a través do
sistema especial para traballadores por conta propia agrarios, sempre que reúnan os seguintes requisitos:
a) Que a súa incorporación se produza a partir do 1 de xaneiro de 2008.
b) Ter corenta ou menos anos de idade na data da dita incorporación.
c) Que sexan cónxuxes ou descendentes do titular da explotación agraria, sempre que este se atope dado de alta nos citados réxime e sistema especiais.
d) Que sexan beneficiarias da redución do 30 por cento das cotas á Seguridade Social establecida na
normativa reguladora da cotización á Seguridade Social.

4. Mulleres incorporadas ao réxime especial agrario da Seguridade Social, a partir do 1 de xaneiro de 2006, ou incorporadas a partir do 1 de xaneiro de 2008 ao réxime especial de traballadores por conta
propia ou autónomos a través do sistema especial para traballadores por conta propia agrarios, sempre
que reúnan os seguintes requisitos:
a) Ter corenta e un e ata corenta e cinco anos de idade na data da dita incorporación.
b) Que sexan cónxuxes ou parentes da persoa titular da mesma explotación agraria, sempre que esta se atope dada de alta nos citados réxime e sistema especiais.

5. Mulleres de corenta e cinco ou menos anos de idade, incorporadas ao réxime especial agrario da
Seguridade Social a partir do 1 de xaneiro de 2006, ou incorporadas a partir do 1 de xaneiro de 2008 ao
réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos a través do sistema especial para traballadores por conta propia agrarios, titulares de explotacións agrarias nos seguintes supostos:
a) Que accedan á titularidade dunha explotación agraria en funcionamento que lles fose atribuída tras
un proceso de separación ou divorcio.
b) Que accedan á titularidade dunha explotación agraria tras o falecemento, xubilación ou incapacidade
recoñecida do seu cónxuxe, descendentes ou ascendentes por consanguinidade ou afinidade ata o
segundo grao inclusive.
c) Mulleres que se incorporen a unha explotación familiar en marcha, cando o seu cónxuxe cause baixa no réxime especial agrario da Seguridade Social, ou no sistema especial para traballadores por conta propia agrarios do réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos, por dedicarse a outra actividade e mentres este permaneza en situación de alta noutro réxime ou sistema da Seguridade Social.

6. Será requisito para percibir as axudas establecidas nesta orde a partir do 1 de xaneiro de 2008 que
as persoas beneficiarias queden incluídas a partir desa data no réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos, e terán dereito á percepción das axudas en tanto manteñan as condicións exixidas para quedar encadrados no sistema especial para traballadores por conta propia agrarios.

7. Non poderán ser beneficiarias do programa regulado nesta orde as persoas nas que concorran as
circunstancias previstas no punto 2 artigo 10º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

¿Qué gastos o inversiones que realices te pueden subvencionar?

1. A axuda para as persoas beneficiarias incluídas no colectivo do artigo 2º, números 1, 2 e 3 desta orde
consistirá no aboamento do 20 por 100 da cota por continxencias comúns de cobertura obrigatoria que
corresponda ingresar, calculada en función da base de cotización que corresponda e o tipo de cotización
do 18,75 por cento.
Conforme o anterior a axuda correspondente ao ano 2007 será de 30,05 euros mensuais, e a axuda correspondente ao ano 2008 será de 30,65 euros mensuais.

2. A axuda para as mulleres incluídas nos supostos do artigo 2º números 4 e 5 desta orde consistirá
no aboamento do 50 por 100 da cota por continxencias comúns de cobertura obrigatoria que corresponda
ingresar, calculada en función da base de cotización que corresponda e o tipo de cotización do 18,75
por cento.
Conforme o anterior a axuda correspondente ao ano 2007 será de 75,12 euros mensuais, e a axuda
correspondente ao ano 2008 será de 76,62 euros mensuais.

3. Procederá este aboamento polas mensualidades desde outubro do ano 2007, ou desde a data de efectos
da obriga de cotización, se esta é posterior, e ata setembro do ano 2008.

Documentos asociados

Boletín: 26/05/2008
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 100
Documento: Bases, Convocatoria 2008 y Anexos Descargar Documento