Ayudas, programa de incentivos a planes empresariales de estabilidad laboral, cofinanciado por el Fondo Social Europeo, y se procede a su convocatoria para el año 2008.

Código de ayuda:

S38864/08

Norma:

Orden de 19 de mayo de 2008.

Plazo de Solicitud:

Fecha Fin: 31/07/2008

Finalidad u objetivo de la ayuda:

Coa finalidade de fomentar a creación e consolidación do emprego fixo e de calidade a través dun
programa específico de estímulo e apoio ao cambio estrutural cara a un maior nivel de estabilidade, dos
cadros de persoal das empresas instaladas en Galicia, esta orde ten por obxecto establecer as bases
reguladoras e a convocatoria para o ano 2008 dos incentivos á contratación indefinida inicial ou por
transformación de contratos temporais en indefinidos, xa sexan a tempo completo xa a tempo parcial,
incluídos os traballos fixos-descontinuos, que se realicen como consecuencia de plans empresariais
de estabilidade laboral, segundo a definición establecida no artigo 5º desta orde.

Categorías Subvención

  • Empleo
  • Recursos Humanos

Localización del organismo gestor

Galicia

Convoca:

Consellería de Trabajo (Galicia)

¿Cuánto dinero puedes obtener con esta ayuda?

Incentivos:

1. Os incentivos ás contratacións indefinidas, iniciais ou por transformación de contratos temporais ou de duración determinada, incluídos os fixos descontinuos, determinaranse en atención á taxa de estabilidade que a empresa acade como consecuencia das contratacións realizadas no período de referencia e segundo se trate, de contratación inicial ou de conversión de contratos temporais en indefinidos.

2. Plans empresariais de estabilidade vinculados a acordos sobre a taxa sectorial de estabilidade. Subvencionaranse de acordo coa seguinte escala:
a) Contratacións indefinidas realizadas para acadar a taxa de estabilidade mínima que estableza o acordo sobre a taxa sectorial de estabilidade e ata a dita taxa incrementada nun 50% da diferenza entre a taxa de estabilidade mínima e a taxa de estabilidade inicial:
a.1) As contratacións indefinidas iniciais de persoas desempregadas que reúnan os requisitos establecidos
no artigo 3º desta orde incentivaranse cunha axuda de 3.000 euros, incrementándose a 3.750 euros cando as contratacións se realicen con mulleres.
a.2) As transformacións de contratos temporais en indefinidos que reúnan os requisitos establecidos no
artigo 3º desta orde incentivaranse cunha axuda de 2.500 euros, incrementándose a 3.250 euros cando
as contratacións se realicen con mulleres.
b) Contratacións indefinidas coas cales se acade una taxa de estabilidade superior á taxa de estabilidade
mínima incrementada nun 50% da diferenza entre a taxa de estabilidade mínima e a taxa de estabilidade
inicial:
b.1) As contratacións indefinidas iniciais de persoas desempregadas que reúnan os requisitos establecidos
no artigo 3º desta orde incentivaranse cunha axuda de 4.500 euros, incrementándose a 5.500 euros cando as contratacións se realicen con mulleres.
b.2) As transformacións de contratos temporais en indefinidos que reúnan os requisitos establecidos no
artigo 3º desta orde incentivaranse cunha axuda de 3.750 euros, incrementándose a 4.500 euros cando
as contratacións se realicen con mulleres.

3. Plans empresariais de estabilidade non vinculados a acordos sobre a taxa sectorial de estabilidade:
Os incentivos ás contratacións indefinidas determinaranse en atención ás taxas de estabilidade que a empresa acade como consecuencia das contratacións realizadas no período de referencia e segundo se trate, de contratación inicial ou de conversión de contratos temporais en indefinidos, de acordo coa seguinte escala:
a) Taxa de estabilidade acadada do 75% e ata ao 90%:
a.1) As contratacións indefinidas iniciais de persoas desempregadas que reúnan os requisitos establecidos
no artigo 3º desta orde incentivaranse cunha axuda de 3.000 euros, incrementándose a 3.750 euros cando as contratacións se realicen con mulleres.
a.2) As transformacións de contratos temporais en indefinidos que reúnan os requisitos establecidos no
artigo 3º desta orde incentivaranse cunha axuda de 2.500 euros, incrementándose a 3.250 euros cando
as contratacións se realicen con mulleres.
b) Taxa de estabilidade acadada de máis do 90%:
b.1) As contratacións indefinidas iniciais de persoas desempregadas que reúnan os requisitos establecidos
no artigo 3º desta orde incentivaranse cunha axuda de 4.500 euros, incrementándose a 5.500 euros cando as contratacións se realicen con mulleres.
b.2) As transformacións de contratos temporais en indefinidos que reúnan os requisitos establecidos no
artigo 3º desta orde incentivaranse cunha axuda de 3.750 euros, incrementándose a 4.500 euros cando
as contratacións se realicen con mulleres.

Cando se trate de contratacións a tempo parcial a contía da subvención será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.

Beneficiarios. ¿Quién puede solicitar esta ayuda?

  • Autónomos
  • Cooperativas y Sociedades Laborales no Agrarias
  • Cooperativas y Sociedades Laborales no Agrarias
  • Microempresas (menos de 10 empleados)
  • Pymes (menos de 250 empleados)
  • Sociedades Civiles

Detalle beneficiarios:

Poderán ser beneficiarios dos incentivos previstos nesta orde as empresas, calquera que sexa a forma
xurídica que adopten, incluídos autónomos e as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde, e non incorran nas circunstancias previstas nos números 2º e 3º do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
No caso de sociedades civís e comunidades de bens, deberán nomear unha persoa representante ou
apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria,
corresponden á agrupación.

Non poderán ser beneficiarios destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.

¿Qué gastos o inversiones que realices te pueden subvencionar?

Os plans empresariais de estabilidade, para poderen acollerse a este programa, deberán axustarse ao seguinte:

a) As empresas pertencentes a sectores de actividade vinculados a acordos sobre a taxa sectorial de
estabilidade, acadados segundo o establecido na orde pola que se establece o procedemento e os
requisitos para acadar os acordos sobre a taxa de estabilidade en sectores de actividade, deberán
cumprir o establecido no acordo sobre a taxa sectorial de estabilidade do sector a que pertenza a
empresa solicitante dos incentivos, de acordo co establecido na dita orde ou na resolución do director
xeral de Promoción do Emprego, se non houber acordo.
b) As empresas pertencentes a sectores de actividade non vinculados a acordos sobre a taxa sectorial
de estabilidade deberán reunir os requisitos establecidos no artigo 5.2º desta orde.

En ambos os casos, os plans deberán estar elaborados antes do 31 de xullo de 2008, sendo subvencionables ao abeiro desta orde as contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2007 e o 30 de
setembro de 2008, e sempre que se trate de:
-Contratacións indefinidas iniciais realizadas con persoas traballadoras desempregadas que estean
inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego no momento da contratación e
que, pola súa vez, carezan de ocupación segundo o informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
-Conversiones en indefinidos de contratos temporais ou de duración determinada celebrados con
anterioridade á entrada en vigor desta orde, calquera que sexa a modalidade contractual obxecto de
transformación.
A limitación temporal anterior non será de aplicación nos seguintes supostos:
-Cando se trate da transformación en indefinidos de contratos formativos, de revezamento ou de substitución por anticipación da idade de xubilación.
-Cando se trate de contratos de interinidade. En todo caso, a súa transformación en indefinidos só será subvencionable cando se manteña o posto da persoa traballadora substituída, o que terá que acreditarse.
No caso de transformación de contratos temporais a tempo completo, a xornada do novo contrato indefinido será tamén a tempo completo, agás as transformacións de contratos temporais en indefinidos na
súa modalidade de fixo-descontinuo.
Nos supostos de transformación de contratos temporais a tempo parcial, a xornada do novo contrato
indefinido deberá ser, como mínimo, igual á do contrato que se transforma.
Para os efectos desta orde, entenderase que se produce a transformación en todos aqueles casos en que
ambas as modalidades contractuais se sucedan sen ruptura da relación laboral coa empresa, incluídos aqueles supostos en que o inicio da relación laboral indefinida ten lugar ao día seguinte ao remate da
vixencia do contrato temporal, incorporándose á empresa con carácter estable sen ruptura de continuidade
na relación laboral.
A conversión en contratos indefinidos dos contratos temporais ou de duración determinada non será
subvencionable cando teña a súa orixe no cumprimento de obrigas legais.

As ditas contratacións iniciais e transformacións de contratos temporais en indefinidos para poderen ser obxecto de subvención deberán formalizarse por escrito e comunicarse á oficina do Servizo Público de Emprego na forma regulamentariamente establecida.

Para os efectos do cálculo da taxa de estabilidade e do incremento do persoal fixo na empresa, ao persoal contratado con contratos de interinidade consideraráselle a mesma condición de fixo ou temporal
que a persoa que substitúe. Se o traballador con contrato de interinidade substitúe un traballador con obriga de cotización, e que consta no TC2, o interino non se computa.

Documentos asociados

Boletín: 26/05/2008
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 100
Documento: Bases, Convocatoria 2008 y Anexos Descargar Documento