Ayudas a entidades sin ánimo de lucro para actividades de fomento de la igualdad entre mujeres y hombres.

Código de ayuda:

S22300/04

Norma:

Convocatoria de 26 de agosto de 2004.

Plazo de Solicitud:

Fecha Fin: 05/10/2004

Finalidad u objetivo de la ayuda:

Apoiar ás entidades de iniciativa social (sen ánimo de lucro), colaborando na implantación de actuacións tendentes a eliminar a discriminación por razón de sexo, mediante a realización de programas que fomenten a igualdade entre homes e mulleres, a conciliación entre a vida familiar e laboral, e a participación e integración da muller na vida social, cultural, económica, laboral e política na provincia da Coruña.

Categorías Subvención

  • Mujeres, Infancia y Ayudas familiares

Localización del organismo gestor

Galicia

Convoca:

Diputación Provincial de La Coruña (Galicia)

¿Cuánto dinero puedes obtener con esta ayuda?

As entidades poderán solicitar un máximo de dúas peticións para actividade e mantemento, que deberán priorizarse. A deputación poderá conceder até un máximo de 12.020 euros polo total dos dous pedimentos indicados.

Con carácter xeral o importe da subvención solicitada será entre o 20 e o 80 por cento do orzamento aproximado de gastos.

Consonte co anterior, a suma dos orzamentos estimativos de gastos que presente a entidade, para participar nas axudas da deputación, sumando o importe no caso de ter presentadas dúas peticións, non poderá ser superior a 48.080 euros.

Beneficiarios. ¿Quién puede solicitar esta ayuda?

  • Asociaciones
  • Entidades sin ánimo de lucro, Ong´s
  • Fundaciones

Detalle beneficiarios:

As entidades de iniciativa social (sen ánimo de lucro) que teñan o seu domicilio na provincia da Coruña e desenvolvan as súas actividades dentro do ámbito provincial.

¿Qué gastos o inversiones que realices te pueden subvencionar?

Poderán ser obxecto de subvención os programas ou actuacións que teñan como fin:
A) Aumentar a participación efectiva da muller nos procesos de toma de decisións no ámbito sociopolítico, destacando:
* Accións ou programas formativos relacionados coa eliminación de barreiras que impidan ás mulleres incorporarse activamente á participación sociopolítica.
* Estudos e investigacións sobre temas especificos da muller, relacionados coa consecución da igualdade e coa detección e superación de dificultades que xeran desigualdade.
* Accións ou programas que teñan como finalidade consolidar o movemento asociativo de mulleres que desenvolvan actividades dirixidas a promover a igualdade de oportunidades.

B) A conciliación da vida laboral e familiar, destacando:
* Posta en marcha de fórmulas de emprego que lle faciliten ás mulleres a incorporación ao mercado laboral.
* Estudos e investigacións sobre novas fórmulas de conciliación da vida laboral, social e familiar das mulleres ou como superar as barreiras existentes para a súa consecución.
* Actividades e programas que favorezan o coñecemento de novas tecnoloxías que faciliten a conciliación a través de alternativas de traballo máis flexible.

C) Calquera outra acción ou programa formativo, seminarios, congresos, xornadas que concreten obxectivos e contidos relacionados coas liñas indicadas para o fomento da igualdade entre mulleres e homes.

Serán subvencionables, os gastos de funcionamento da entidade, necesarios para a prestación dos servizos e desenvolvemento dos programas ou actuacións, entre outros, os de persoal contratado, material funxible necesario para a realización das actividades ou prestación de servizos.

En canto aos gastos correntes, como alugueiro de local, teléfono, enerxía eléctrica, sempre que estes se deriven do desenvolvemento e funcionamento dos programas que se subvencionan. Gastos de transporte derivados das actividades, ou para a asistencia dos beneficiarios a talleres, e outros similares.

Requisitos:

Sin especificar.

Documentos asociados

Boletín: 11/09/2004
BO Provincia de La Coruña- Nº 211
Documento: Convocatoria Descargar Documento