Ayudas a asociaciones de estudantes universitarios para el curso academico 2007/2008.

Código de ayuda:

S15155/08

Norma:

Orden de 26 de febrero de 2008.

Plazo de Solicitud:

Fecha Fin: 05/04/2008

Finalidad u objetivo de la ayuda:

Convócanse axudas para as asociacións de estudantes das tres universidades galegas, en réxime de
concorrencia competitiva, co obxectivo de apoiar actividades que favorezan o asociacionismo no ámbito
universitario, así como potenciar aqueloutras actividades de carácter formativo e científico que as devanditas asociacións organicen.

A actividade para a que se solicite a axuda será realizada durante o período comprendido entre o 1 de
xaneiro e o 30 de outubro de 2008, ambos os dous días incluídos.

Categorías Subvención

  • Actividades culturales, lingüísticas y Deporte
  • Asociacionismo y Voluntariado
  • Educación y Ciencia
  • Juventud

Localización del organismo gestor

Galicia

Convoca:

Consellería de Cultura, Educación y Universidad (Galicia)

¿Cuánto dinero puedes obtener con esta ayuda?

A contía máxima da axuda que poderá recibir a asociación pola actividade realizada non poderá superar
os 3.000 euros.

Beneficiarios. ¿Quién puede solicitar esta ayuda?

  • Asociaciones
  • Entidades sin ánimo de lucro, Ong´s
  • Fundaciones

Detalle beneficiarios:

Poden solicitar estas axudas as asociacións de estudantes das tres universidades do SUG que cumpran
os seguintes requisitos:

1. Acreditar estaren dadas de alta como asociación de estudantes no rexistro dunha das universidades do SUG.
2. Non teren ánimo de lucro.
3. Estaren constituídas por estudantes en activo, quedando, polo tanto, excluídas as asociacións de
antigos alumnos.
4. Que as súas actividades sexan realizadas na comunidade autónoma, se desenvolvan preferentemente
no seo da comunidade universitaria e repercutan directamente nos seus estudantes.

¿Qué gastos o inversiones que realices te pueden subvencionar?

As actividades concretas para as que pode solicitar axuda son as seguintes:

a) Actividades que teñan por obxecto o fomento e a difusión da lingua e da cultura galega nas universidades.
b) Actividades relacionadas con proxectos de sensibilización social e de cooperación para o desenvolvemento.
c) Actividades relacionadas coa acollida de estudantes universitarios de fóra de Galicia.
d) Actividades que teñan como finalidade a formación e mellora das condicións de estudo, e as que
relacionan ao estudante universitario co mundo do traballo e o seu futuro profesional.
e) A organización de reunións e congresos científicos, humanísticos ou formativos, sempre que a finalidade
do congreso ou reunión estea directamente relacionada cos obxectivos da asociación e co obxectivo
desta convocatoria.

As actividades propostas deberán repercutir directamente no ámbito estudantil universitario e ser
realizadas na Comunidade Autónoma de Galicia, non podendo subvencionarse as actividades diferentes
das sinaladas nos puntos anteriores, quedando excluídas as que propoñan viaxes turísticas e as que teñan
finalidade partidista, sindical, relixiosa ou lucrativa.

Documentos asociados

Boletín: 05/03/2008
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 46
Documento: Bases, Convocatoria curso 2007/08 y Solicitud Descargar Documento