Axudas para a rehabilitación de edificios e vivendas no núcleo histórico de Corcubión.

Código de ayuda:

S46055/05

Norma:

Ordenanza Reguladora de 5 de septiembre de 2005.

Plazo de Solicitud:

Fecha Fin: 31/10/2005

Finalidad u objetivo de la ayuda:

É obxecto das presentes bases o desenvolvemento e execución do convenio subscrito entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Corcubión, asinado o 26 de febreiro de 2004, "En materia de actuacións na Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Corcubión, 1ª fase", dentro do marco estabelecido polo Real Decreto 1/2002, do 11 de xaneiro, sobre medidas de financiamento de actuacións protexidas en materia de vivenda e solo do Plan 2002-2005, así como no Convenio asinado o 27 de maio de 2002 entre a Comunidade Autónoma de Galicia e o Ministerio de Fomento sobre actuacións de Vivenda e Solo (Plan de vivenda 2002-2005).

Categorías Subvención

  • Patrimonio Cultural y Arquitectura
  • Vivienda y Urbanismo

Localización del organismo gestor

Galicia

Convoca:

Ayuntamiento de Corcubión (Galicia)

Beneficiarios. ¿Quién puede solicitar esta ayuda?

  • Asociaciones
  • Autónomos
  • Cooperativas y Sociedades Laborales no Agrarias
  • Cooperativas y Sociedades Laborales no Agrarias
  • Entidades sin ánimo de lucro, Ong´s
  • Fundaciones
  • Microempresas (menos de 10 empleados)
  • Particulares / Personas físicas
  • Pymes (menos de 250 empleados)

Detalle beneficiarios:

1. Poderán ser beneficiarios das axudas para a rehabilitación de vivendas, na súa condición de promotores, os propietarios, arrendatarios ou titulares dalgún dereito de uso sobre as vivendas, cando estas constitúan o seu domicilio habitual e permanente.
No caso dos arrendatarios será requisito imprescindible para adquirir a condición de beneficiarios que teñan autorización da propiedade para acometer obras na devandita vivenda ou edificio que ocupan como arrendatarios (de conformidade co establecido na LAU).

2. Tamén poderán solicitar as axudas os titulares de vivendas desocupadas sempre que a solicitude leve parello o compromiso de ocupalas eles mesmos ou transmitilas ou cedelas a terceiras persoas en arrendamento ou por calquera outro título legalmente admisíbel, sempre que sexa como residencia habitual. Este compromiso terá que cumprirse antes de transcorridos tres meses desde que finalizasen as obras e quedarán condicionadas as axudas á efectiva ocupación das vivendas no dito prazo.

3. Poderán ser beneficiarios das axudas para a rehabilitación de edificios, en condición de promotores, os propietarios ou titulares dalgún dereito de uso sobre eles. Será entón de aplicación o disposto sobre a ocupación no apartado 2 deste mesmo artigo, sempre e cando se trate de vivendas.

4. Poderán ser beneficiarios das axudas para a rehabilitación de elementos comúns, en condición de promotores dos edificios, os propietarios ou titulares dalgún dereito de uso sobre estes.

¿Qué gastos o inversiones que realices te pueden subvencionar?

1. As vivendas rehabilitadas obxecto dos distintos tipos de actuacións subvencionadas a través destas bases destinaranse a residencia habitual e permanente do propietario ou, de ser o caso, do inquilino.

2. Reflexanse a continuación as actuacións protexidas, se ben o orden que se establece é un orden decrecente de preferencia:
A) Rehabilitación de vivendas unifamiliares e actuacións de conservación, restauración, rehabilitación, remodelación, reestructuración, que comporten o acaemento estructural e funcional das ditas vivendas; dentro deste tipo de actuacións distinguiranse as seguintes:
1. Actuacións que supoñen o baleirado interior da edificación.
2. Actuacións que non supoñen baleirado interior.
B) Rehabilitación de edificios, entendendo por iso as actuacións de consolidación, conservación, restauración, rehabilitación ou reforma e reestruturación en edificios con uso residencial para recuperar ou conseguir unha adecuación estrutural e funcional nos ditos edificios. Dentro deste tipo de actuacións distinguiranse aquelas que supoñan un vaciado interior das que non é preciso un vaciado interior da edificación para levar a cabo a actuación.
C) Actuacións nos elementos comúns das edificacións e de mellora e conservación dos elementos que demandasen os valores histórico-artísticos, arquitectónicos e/ou ambientais. Dentro deste tipo de actuacións enténdense incluidas tamén as instalacións para a detección e prevención de incendios, a supresión de antenas individuais por colectivas e a adecuación dos accesos e circulacións para a eliminación das barreiras arquitectónicas.

Requisitos:

Requisitos específicos:
1º) As obras proxectadas deberán obter a preceptiva licenza municipal de obras e a edificación ou vivenda ter uso residencial logo de finalizadas as actuacións.
2º) As obras que teñan por obxecto actuacións sobre os elementos comúns do edificio deberán garantir as debidas condicións de coherencia técnica e construtiva co estado de conservación do edificio e das instalacións.
3º) Non poderán subvencionarse actuacións sobre vivendas ou elementos privativos das vivendas sin cuxas obras non consigan obter as debidas condicións de adecuación de habitabilidade destas, salvo casos debidamente xustificados.

Documentos asociados

Boletín: 14/09/2005
BO Provincia de La Coruña- Nº 211
Documento: Ordenanza Reguladora Descargar Documento
Boletín: 01/10/2005
BO Provincia de La Coruña- Nº 226
Documento: Apertura Plazo Solicitudes Descargar Documento