Axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para o Programa Emprendedores.

Código de ayuda:

S00182/01

Norma:

Resolución do 13 de xullo de 2001.

Plazo de Solicitud:

Sin especificar.

Finalidad u objetivo de la ayuda:

O Igape pretende:
- Estimula-las vocacións empresariais da nosa rexión, especialmente as dos mozos.
- Apoia-los potenciais emprendedores para que desenvolvan as súas iniciativas empresariais de forma rigorosa.
- Animar a todo o potencial humano que poida contribuír á creación de empresas e, polo tanto, ó desenvolvemento da nosa rexión.
- Impulsa-la posta en marcha de proxectos empresariais innovadores.
- En definitiva, consolidar un maior número de iniciativas empresariais en Galicia.

Son obxectivos prioritarios das axudas establecidas nestas bases, favorece-la aparición de novos emprendedores e a xeración de novas iniciativas empresariais que, polas características innovadoras do proxecto, a novidade da actividade acometida, ou por outros aspectos do proxecto, aínda presentando riscos de implantación superiores ós habituais, teñan interese estratéxico polo seu impacto na actividade económica da Comunidade Autónoma de Galicia.

Categorías Subvención

  • Agricultura, Ganadería, Caza y Pesca
  • Arqueología y Minería
  • Artesanía
  • Creación nuevas empresas
  • Equipamientos informáticos y Tecnología
  • Transporte
  • Turismo y Hostelería

Localización del organismo gestor

Galicia

Convoca:

Instituto Gallego de Promoción Económica (Galicia)

Beneficiarios. ¿Quién puede solicitar esta ayuda?

  • Asociaciones
  • Autónomos
  • Ayuntamientos/Municipios
  • Cooperativas y Sociedades Laborales no Agrarias
  • Cooperativas y Sociedades Laborales no Agrarias
  • Entidades sin ánimo de lucro, Ong´s
  • Fundaciones
  • Microempresas (menos de 10 empleados)
  • Organismos / Entidades Públicas
  • Particulares / Personas físicas
  • Pymes (menos de 250 empleados)

Detalle beneficiarios:

- Servicios de difusión da cultura emprendedora.
Os organismos intermedios que obtivesen do Igape a súa condición de entidade colaboradora:
Terán a consideración de organismos intermedios aquelas entidades de carácter público, semipúblico ou privado, con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro no desenvolvemento das súas actividades e que presten servicios directamente ás Pemes.

- Apoios á formación e á elaboración do plan de empresa.
Poderán presenta-la súa solicitude as persoas físicas que pretendan iniciar, por primeira vez, unha actividade empresarial e cumpran os seguintes requisitos:
a) Que a actividade prevista se atope nas enumeradas na base 4ª.
b) Que a empresa que se cree teña o seu domicilio social e fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que a actividade que vai desenvolve-la empresa que se pretende crear cumpra algunha das seguintes características:
I) Ter carácter innovador.
II) Estar relacionada cos novos viveiros de emprego.
III) Estar vinculada a actividades non suficientemente desenvolvidas en Galicia.
IV) Presentar un efecto dinamizador ou demostrativo no territorio no que se pretenda implantar.
d) Que o promotor ou promotores do proxecto dispoñan da capacidade necesaria para acada-lo autofinanciamento do proxecto descrito no punto 3.3.c) II) desta base e os coñecementos ou experiencia profesional necesarios para que, xunto coa formación ofertada polo Igape, poidan implanta-lo seu proxecto.

- Apoios na implantación do plan de empresa.
Poderán presenta-la súa solicitude:
a) As persoas físicas que teñan intención de se converter en novos empresarios e establezan o seu domicilio social e fiscal e o centro principal da súa actividade en Galicia, e que presenten un plan de empresa cualificado previamente como Emprendedor
polo Igape e que independentemente da forma xurídica que vai adopta-la pola empresa, consten como promotores dela, acrediten unha formación ou experiencia empresarial axeitadas que avalen o bo fin do proxecto, e que a actividade que vai desenvolver cumpra os requisitos enumerados no punto 3.2.c) desta base.
Poderán presenta-la solicitude no seu propio nome ou, nos casos en que asi o prevexa o plan de empresa aprobado, por conta da sociedade en constitución que teñan previsto crear.
b) As persoas físicas ou xurídicas que teñan a consideración de pequena e mediana empresa, segundo a definición do anexo IV e pretendan desenvolver unha nova actividade empresarial claramente diferenciada da actual.
c) En ámbolos dous casos, serán requisitos imprescindibles:
I) Que o proxecto para o que se solicita o apoio, acreditando a súa viabilidade técnica e económica, obtivese a cualificación de Emprendedor, segundo se establece na base 5ª.
II) O compromiso de achega de fondos propios de alomenos o 30% do proxecto, que non poderán ser obxecto de ningunha axuda.
III) Que a actividade a implantar esté comprendida nas enumeradas na base 4ª.
IV) Os beneficiarios de axudas para a implantación dun proxecto ó abeiro destas bases, deberán comprometerse a manter unha determinada composición do accionariado nos supostos en que esta represente un elemento substancial para garanti-la viabilidade técnica, económica, e financeira do proxecto e así se establecese na resolución de concesión da axuda.
d) Tamén poderán ser beneficiarios os socios actuais ou futuros, persoas físicas ou xurídicas, da sociedade titular do proxecto emprendedor que pretendan participar no capital social destinado a financia-lo proxecto emprendedor, nos casos en que así fose previsto no plan de empresa aprobado.

¿Qué gastos o inversiones que realices te pueden subvencionar?

-Tipos de apoio:
1. Apoios previos á cualificación do proxecto como emprendedor.
Sendo á cualificación como emprendedor requisito imprescindible para o acceso ós apoios regulados nestas bases, establécense actuacións para axuda-los potenciais emprendedores a acada-la dita condición:
a) Apoios na difusión da cultura emprendedora, a través da prestación do dito servicio directamente polo Igape ou mediante a subvención dos custos dos ditos servicios de difusión, cando estes servicios fosen acometidos por organismos intermedios colaboradores.
b) Apoio á formación e á elaboración do plan de empresa, a través de servicios de consultoría e asesoramento prestados polo Igape.
2. Apoios posteriores á cualificación do proxecto como emprendedor e dirixidos á implantación do plan de empresa a través da prestación de servicios de titoría, concesión de subvencións ós investimentos e gastos de posta en marcha, préstamos e intermediación na obtención de recursos financeiros.
3. A promoción da creación de centros de iniciativas empresariais (CIES) co fin de fomenta-las infraestructuras necesarias para a situa-los novos emprendedores.

Serán subvencionables ó abeiro das presentes bases as actividades económicas seguintes:
a) A extracción, procesamento, transformación ou comercialización das produccións agrícolas, pesqueiras, gandeiras e forestais.
b) A extracción, procesamento, transformación, producción ou comercialización de minerais, productos enerxéticos e os seus derivados.
c) A industria manufactureira, o comercio, o turismo, a construcción, a artesanía ou os servicios.
d) A creación de redes de abastecemento, transporte, distribución e comercialización.
e) As actividades de electrónica, biotecnoloxía, robótica, audiovisual, telemática, telecomunicación, e calquera outra de avanzada tecnoloxía, así como os procesos de creación intelectual propios das ditas actividades.
f) A fabricación ou comercialización de bens de equipo ou unidades productivas relacionadas con calquera das actividades sinaladas anteriormente.

Documentos asociados

Boletín: 23/07/2001
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 142
Documento: Programa Emprendedores Descargar Documento
Boletín: 23/05/2005
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 97
Documento: Modificación Descargar Documento
Boletín: 23/05/2005
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 97
Documento: Modificación Anexos Descargar Documento