Subvencións para a prestación de servizos e a realización de actividades que complementen ou suplan os atribuídos á competencia municipal.

Código de ayuda:

S52191/05

Norma:

Bases de 29/10/05.

Plazo de Solicitud:

Fecha Fin: 28/11/2005

Finalidad u objetivo de la ayuda:

Establecer os criterios e procedementos para a concesión de subvencións no ámbito municipal de Ribadeo, de acordo cos principios de obxectividade, igualdade, concorrencia e publicidade, para a prestación de servizos e a realización de actividades que complementen ou suplan os atribuídos á competencia municipal ou que, en xeral, contribúan o fomento dos intereses peculiares do municipio de acordo co establecido na lexislación sobre réxime local (Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, regulamento de servizos de 1955; Lei 5/1997, de administración local de Galicia; Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións) e na Ordenanza Municipal de Subvencións do Concello de Ribadeo.

Categorías Subvención

  • Actividades culturales, lingüísticas y Deporte
  • Sanidad, Servicios Sociales y Mayores

Localización del organismo gestor

Galicia

Convoca:

Ayuntamiento de Ribadeo (Galicia)

¿Cuánto dinero puedes obtener con esta ayuda?

O importe da subvención en ningún caso poderá ser de tal cantidade que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutras entes públicos ou privados, supere o costo total da actividade a realizar polo beneficiario.

Beneficiarios. ¿Quién puede solicitar esta ayuda?

  • Asociaciones
  • Entidades sin ánimo de lucro, Ong´s
  • Fundaciones

Detalle beneficiarios:

As entidades e asociacións sen finalidade de lucro, domiciliadas en Ribadeo legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións; as persoas físicas ou colectivos para iniciativas temporais de interese cidadán, sen ánimo de lucro.

Excepcionalmente cando a actividade teña interese para o municipio, xa sexa de carácter social, económico ou humanitario, se poderá conceder unha subvención a entidades foráneas, ou non inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións.

A fundamentación de dito interese se acreditará mediante a achega dunha memoria o efecto.

¿Qué gastos o inversiones que realices te pueden subvencionar?

A realización de actividades culturais, lúdico-festivas, festas patronais, actividades formativas, deportivas, educativas, de asistencia e benestar social, e con carácter xeral, todas aquelas actividades de interese para os veciños do Concello que representen unha mellora da calidade de vida dos mesmos ou da cohesión social.

Non serán obxecto de subvención os investimentos reais, os gastos de mantemento ordinario (luz, auga, teléfono, limpeza,...), e os gastos que non estean directamente vinculados á actividade realizada ou que carezan da natureza propia desa actividade.

Documentos asociados

Boletín: 29/10/2005
BO Provincia de Lugo- Nº 248
Documento: Bases y Convocatoria 2005 Descargar Documento