Subvencións da Concellaría da Muller.

Código de ayuda:

S29882/05

Norma:

Anuncio de 19 de abril de 2005.

Plazo de Solicitud:

Fecha Fin: 19/06/2005

Finalidad u objetivo de la ayuda:

O fomento do asociacionismo feminino é o principal obxectivo da convocatoria específica de subvencións da Concellaría da Muller, aínda que non é o único.
Desde o punto de vista da promoción da muller pódense agrupar en dous os tipos de asociacións existentes na nosa cidade:
1. Asociacións especificamente de mulleres:
- De carácter e ámbito xeral.
- De carácter xeral e ámbito territorial menor que o do termo municipal.
- De carácter particular, dirixidas a mulleres que pertencen a un colectivo específico definido en relación con: maternidade, estado civil, profesión, etc.
2. Entidades e asociacións mixtas que realizan actividades específicas de promoción da muller nos diversos sectores nos que actúan:
a) Cunha estrutura organizativa propia das mulleres como as Vogalías ou secretarías da muller:
- Con base territorial nun barrio ou parroquia de Vigo: asociacións veciñais, culturais, deportivas, etc.
- Con base nun colectivo social específico: inmigrantes, persoas descapacitadas, profesionais, asalariados e asalariadas, etc.
b) Sen contar cunha estructura organizativa propia das mulleres.

Categorías Subvención

  • Mujeres, Infancia y Ayudas familiares

Localización del organismo gestor

Galicia

Convoca:

Ayuntamiento de Vigo (Galicia)

Beneficiarios. ¿Quién puede solicitar esta ayuda?

  • Asociaciones
  • Entidades sin ánimo de lucro, Ong´s
  • Fundaciones

Detalle beneficiarios:

As asociacións que reunan as seguintes condicións:
a) Estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e ter ao día a documentación.
b) Estar ao día nas obrigas tributarias co Concello, Axencia Tributaria e coa Seguridade Social.
c) O ámbito espacial destas actividades será o termo municipal de Vigo. Poderán subvencionarse excepcionalmente, actividades fora do municipio de Vigo (programas de intercambio con outras asociacións, asistencia a cursos, congresos,etc) debidamente xustificados e sempre que teñan relación ou implicación directa ca actividade da asociación e os obxectivos da convocatoria.

Documentos asociados

Boletín: 31/05/2005
BO Provincia de Pontevedra- Nº 103
Documento: Bases de Convocatoria Descargar Documento