Subvencións alugamento de viviendas en Lugo.- Convocatoria 2011.

Código de ayuda:

S35819/11

Norma:

Lugo, 31 de abril de dous mil once. Lugo, 7 de xuño de 2011.

Plazo de Solicitud:

Fecha Fin: 26/07/2011

Finalidad u objetivo de la ayuda:

Establecer e regular un programa de axudas para financiar parcialmente o alugamento de vivenda destinada a domicilio habitual das persoas residentes no termo municipal de Lugo, nas condicións que nelas se establecen, coa finalidade de contribuír a facilitar o acceso á vivenda a aquelas persoas que se atopen nunha situación socioeconómica que lles dificulte ou imposibilite exercitar este dereito recoñecido na Constitución española.

Categorías Subvención

  • Vivienda y Urbanismo

Localización del organismo gestor

Galicia

Convoca:

Ayuntamiento de Lugo (Galicia)

¿Cuánto dinero puedes obtener con esta ayuda?

A contía para cada caso fixarase en función do cálculo que se efectúe sobre os ingresos ponderados da unidade de convivencia (IUC), de conformidade coa táboa prevista nestas bases. Para esta ponderación tomarase como base a declaración de ingresos (DI) achegada pola persoa solicitante. Esta cantidade ponderarase atendendo ó número de membros da unidade de convivencia e circunstancias deles, aplicando os seguintes coeficientes, de xeito sucesivo e acumulado:

1. Número de membros da unidade de convivencia (MUC).

- Dous membros: 0,95.

- Tres ou máis: 0,90.

2. Número de descendentes da unidade de convivencia (DUC).

- Un ou dous descendentes: 0,95.

- Tres ou máis descendentes: 0,90.

3. Número de ascendentes da unidade de convivencia: (AUC).

- Un ascendente: 0,95.

- Dous ou máis ascendentes: 0,90.

4. Familias monoparentais con cargas familiares (CF).

- Unha ou dúas persoas: 0,95.

- Tres ou máis persoas: 0,90.

De conformidade co especificado no parágrafo anterior, o cálculo dos ingresos ponderados da unidade de
convivencia (IUC) expresarase na seguinte fórmula:

IUC = DI x MUC x DUC x AUC x DIUC x CF

De acordo cos ingresos ponderados da unidade de convivencia, a contía da axuda virá determinada pola
seguinte táboa, tendo como referencia o Índice Público de Rendas de efectos múltiples (IPREM) do xercicio do 2010 ó que se refiren os ingresos e o prezo do alugamento da vivenda.

En calquera caso, o total da subvención non poderá superar o 50% do importe de alugamento mensual da
vivenda.

Beneficiarios. ¿Quién puede solicitar esta ayuda?

  • Particulares / Personas físicas

Detalle beneficiarios:

As persoas físicas arrendatarias de vivendas que vivan soas ou formen parte dunha unidade familiar ou de convivencia, con contratos vixentes na data de presentación da solicitude ou compromiso de novo arrendamento, e que cumpran os requisitos fixados nestas bases.

¿Qué gastos o inversiones que realices te pueden subvencionar?

O alugamento de viviendas en Lugo.

Requisitos:

a) Ser maior de 18 anos.

b) Todos os membros da unidade familiar ou de convivencia han de residir e estar empadroados no termo
municipio de Lugo. A persoa solicitante, ademais, deberá estar empadroada cunha antigüidade mínima de seis meses anteriores á data da solicitude. (O Concello de Lugo, previa autorización dos interesados, solicitará de oficio o xustificante de empadroamento e convivencia).

Consideraranse asimiladas a persoas residentes as solicitantes que foran antigas persoas residentes e que, por motivos económicos/laborais, se viron obrigados a abandonar o municipio de Lugo tras ter residido nel durante un tempo continuado non inferior a 10 anos, e desexen retornar a este termo municipal.

Con independencia do certificado de empadroamento, a vivenda para a que se solicita a axuda deberá constituír residencia habitual, en relación co dito aspecto, a persoa solicitante achegará declaración xurada, se ben a entidade colaboradora resérvase a posibilidade de levar a cabo as comprobacións pertinentes en colaboración co Servizo municipal de Estatística.

No caso de compromiso de novo alugamento, declaración xurada de que se vai destinar a vivenda habitual.

c) Ningún membro da unidade de convivencia pode ser persoa titular, no concello de Lugo, dunha vivenda
da súa propiedade nin posuír ningún dereito real de uso ou goce dun inmoble que reúna as debidas condicións para ser habitado. En caso contrario afirmativo, deberá acreditar a imposibilidade de utilizar a vivenda.

d) Que non exista aglomeración de persoas na vivenda.

e) Que a suma dos rendementos netos anuais de calquera natureza (rendementos do traballo persoal,
actividades económicas, pensións, etc.) que a unidade familiar ou de convivencia obtivese no exercicio
correspondente non sexa inferior a 0,5 veces o índice público de rendas de efectos múltiples (IPREM) do dito exercicio, nin supere dúas veces o dito índice.

Documentos asociados

Boletín: 07/06/2011
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 128
Documento: Bases, Convocatoria 2011 y Anexos. Descargar Documento
Boletín: 24/06/2011
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 121
Documento: Anuncio. Descargar Documento