Subvenciones para la realización de actividades Juveniles.

Código de ayuda:

S25855/04

Norma:

Sesión ordinaria de 08/11/04.

Plazo de Solicitud:

Fecha Fin: 16/12/2004

Finalidad u objetivo de la ayuda:

Impulsar as iniciativas dos/as mozos e mozas do municipio de Pontevedra.

Categorías Subvención

  • Juventud

Localización del organismo gestor

Galicia

Convoca:

Ayuntamiento de Pontevedra (Galicia)

¿Cuánto dinero puedes obtener con esta ayuda?

A porcentaxe subvencionabel polo Concello non poderá exceder do 50% do custo da actividade a que se aplique.

A porcentaxe máxima permitida para a subcontratación poderá ser de ata o 75% do importe total da actividade subvencionada.

Beneficiarios. ¿Quién puede solicitar esta ayuda?

  • Asociaciones
  • Cooperativas y Sociedades Laborales no Agrarias
  • Entidades sin ánimo de lucro, Ong´s
  • Fundaciones
  • Microempresas (menos de 10 empleados)
  • Particulares / Personas físicas
  • Pymes (menos de 250 empleados)
  • Sociedades Civiles

Detalle beneficiarios:

a) As persoas físicas ou xurídicas, como asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á xuventude (ambas inscritas segundo o título IV do Decreto 50/2000 da Consellaría de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude), escolas de tempo libre oficialmente recoñecidas pola Dirección Xeral de Xuventude, e outras entidades sen fin de lucro que amosen suficiente vinculación coa xuventude, que teñan o seu enderezo social no concello de Pontevedra, que realicen actividades de interese municipal e que se atopen debidamente inscritas no rexistro municipal de asociacións.

b) As persoas físicas ou xurídicas, como asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á xuventude (ambas inscritas segundo o título IV do Decreto 50/2000 da Consellaría de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude), escolas de tempo libre oficialmente recoñecidas pola Dirección Xeral de Xuventude e outras entidades sen fin de lucro que amosen suficiente vinculación coa xuventude, aínda que non estean domiciliadas no concello de Pontevedra, que realicen actividades de interese municipal dentro do concello ou en beneficio do mesmo e se atopen debidamente inscritas nos rexistros correspondentes.

¿Qué gastos o inversiones que realices te pueden subvencionar?

Liña A) Actividades xuvenís en Pontevedra e/ou para pontevedreses/as.
Nesta liña poderanse incluír gastos de persoal e aluguer, así como a compra de bens non inventariábeis.
Os fins desta liña son: planificación, organización e avaliación de actividades xuvenís (para maiores de 14 anos) no concello de Pontevedra e/ou para habitantes deste concello, en ámbitos como o lecer, a formación no tempo libre, a vivenda, o emprego,
a participación xuvenil, a saúde, a cultura,...
Os conceptos subvencionábeis son: os gastos de persoal, o aluguer de bens inventariábeis así como a compra de bens non inventariábeis.

Liña B) Accións vencelladas co programa europeo “Xuventude” (segundo a Decisión núm. 1031/2000/CE do Parlamento europeo e do Consello do 13 de abril de 2000).
Nesta liña poderanse incluír só gastos propios de cada acción.
Os fins desta liña de subvención son: planificación, organización, desenvolvemento e avaliación de actividades xuvenís do programa europeo “Xuventude”.
Os conceptos subvencionábeis son os gastos aceptados pola propia Unión Europea.

Liña C) Proxectos de información e asesoramento para mozos e mozas.
Nesta liña poderanse incluír gastos de persoal e compra de bens non inventariábeis, así como o aluguer de espazos axeitados.
Os fins desta liña de subvención son: planificación, organización e avaliación de proxectos de información e/ou asesoramento xuvenil no concello de Pontevedra e/ou para habitantes deste concello.

Requisitos:

Non poderán ser destinatarios de subvencións os proxectos:
a) Para desenvolver adestramentos, competicións,... no eido do deporte federado competitivo.
b) Para levar a cabo accións extraescolares ou complementarias propostas directamente polos centros educativos, aínda que si poderán solicitalas as asociacións de estudantes.

Así mesmo, non poderán recibir subvención aquelas solicitudes que, segundo criterios fundamentados, non se adecúen á finalidade desta convocatoria nin aquelas entidades que non se atopen ao corrente nas súas obrigas fiscais co Concello de Pontevedra e coa Seguridade Social.

Documentos asociados

Boletín: 16/11/2004
BO Provincia de Pontevedra- Nº 221
Documento: Convocatoria Descargar Documento