Subvenciones para estudios naútico y marítimo-pesqueros para el curso académico 2007-2008.
Código de ayuda:
S03082/08Norma:
Orden de 27 de diciembre de 2007.Plazo de Solicitud:
Fecha Fin: 15/02/2008Finalidad u objetivo de la ayuda:
Convocar axudas para os alumnos/as que cursen estudos de formación náutico e marítimo-pesqueiranos centros docentes dependentes da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, en réxime de concorrencia
competitiva.
Categorías Subvención
Agricultura, Ganadería, Caza y Pesca
Formación
Localización del organismo gestor

Convoca:
Consellería de Pesca y Asuntos Marítimos (Galicia)¿Cuánto dinero puedes obtener con esta ayuda?
1.- Axudas para transporte:As axudas por razón da distancia no transporte diversificaranse na súa contía conforme a seguinte escala:
Dentro dun raio de 4 km: 63 euros.
De 5,00 a 10,00 km: 145 euros.
De 11,00 a 30,00 km: 265 euros.
De 31,00 a 50,00 km: 515 euros.
Máis de 50,00 km: 635 euros.
En ningún caso serán compatibles as axudas por razón da distancia no transporte interurbano coa axuda
de residencia.
2.- Axudas por residencia:
Para a adxudicación de axudas para gastos derivados da residencia do alumno/a fóra do domicilio
familiar, requirirase que o solicitante acredite que, por razón da distancia entre o domicilio familiar e o
centro docente e os medios de comunicación existentes, así como pola imposibilidade de contar con outros
horarios lectivos ten que residir fóra do domicilio familiar durante o curso. Para estes efectos, os órganos
de selección de bolseiros/as poderán considerar como domicilio da familia o máis próximo ao centro
docente que pertenza a algún membro computable da unidade familiar, aínda que non coincida co domicilio
legal. O alumno/a deberá xustificar a residencia fóra do domicilio familiar habitual mediante algún documento oficial, contrato de aluguer, declaración xurada con indicación do novo domicilio, etc.
A contía máxima das axudas por razón de residencia fóra do domicilio familiar será de 1.385 euros.
Denegarase esta axuda cando existan prazas vacantes nas residencias dos centros docentes dependentes da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos onde o alumno/a vaia cursar os seus estudos.
3.- Axudas de manutención:
A axuda de manutención defínese como os gastos derivados da comida do mediodía do alumno/a fóra do
seu domicilio habitual por razón da distancia aos centros de ensinanza de Ribeira e da Illa de Arousa
dependentes da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
Poderán solicitar axuda de comedor os alumnos/as que acrediten documentalmente ter o domicilio
familiar a unha distancia superior a 10 km do centro docente, ou ben que, aínda sendo inferior, acrediten
a imposibilidade de chegar coa puntualidade requirida ás clases da tarde.
A axuda de comedor será incompatible coa axuda para gastos por razón da residencia do alumno/a
durante o curso escolar fóra do domicilio familiar.
A contía máxima da axuda de manutención será de 420 euros por curso.
Se por razóns de estudos e programación do centro o alumno tan só realizase unha ou dúas comidas
por semana fóra do domicilio familiar, percibirá a parte proporcional da contía total establecida.
Beneficiarios. ¿Quién puede solicitar esta ayuda?
- Particulares / Personas físicas
Detalle beneficiarios:
Poderán ser beneficiarios das axudas todos os alumnos/as que cursen os estudos sinalados no artigo 2º noscentros docentes dependentes da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e que reúnan os seguintes requisitos:
1. Ser cidadáns de calquera país da Unión Europea ou estranxeiros que acrediten a residencia ou estean
dentro dun programa de cooperación internacional.
2. Reunir os requisitos académicos exixidos polo ordenamento xurídico vixente (non ser repetidor).
3. Estar matriculados no curso académico 2007/2008 do curso completo.
4. Non estar en posesión de título académico que habilite para actividades profesionais, a menos que o
dito título supoña un nivel ou grao inferior ao dos estudos que se pretendan realizar, ou que estes estudos
constitúan unha especialización dos xa realizados.
¿Qué gastos o inversiones que realices te pueden subvencionar?
Os estudos para os que se poderán solicitar axudas, no curso académico 2007/2008, son os seguintes:a) Marítimo-Pesqueiros:
-Ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica da familia profesional
marítimo-pesqueira.
b) Náutico-Pesqueiros:
-Capitán de pesca, patrón portuario, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente.
c) Programas de garantía social:
-Operario acuicultor e Navegación e pesca costeira.
As axudas poderán ter os seguintes compoñentes:
1. Axuda para gastos determinados por razón da distancia entre o domicilio familiar do bolseiro/a e o
centro docente.
2. Axudas para gastos derivados da residencia do alumno/a durante o curso escolar fóra do domicilio
familiar.
3. Axudas de manutención para alumnos/as que cursen estudos nos centros de Ribeira e A Illa de
Arousa, sempre que reúnan os requisitos exixidos.
Documentos asociados
Boletín:
15/01/2008
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 10
Documento: Bases, Convocatoria curso 2007/08 y Anexos Descargar Documento
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 10
Documento: Bases, Convocatoria curso 2007/08 y Anexos Descargar Documento