Bolsas de estudo para o curso 2005-2006.

Código de ayuda:

S50355/05

Norma:

Sesión de 29 de setembro de 2005.

Plazo de Solicitud:

Fecha Fin: 14/11/2005

Finalidad u objetivo de la ayuda:

Regular a convocatoria pública que, en exercicio das súas competencias e de conformidade co disposto no Regulamento de servizos das corporacións locais, efectúa o Concello de Cambre para a concesión de bolsas de estudo, curso 2005/2006, como acción de fomento destinada ás familias con escasos recursos económicos e con fillos cursando o 2º ciclo de educación infantil, educación secundaria obrigatoria (agás 2º da ESO), bacharelato e educación especial.

Quedan excluídos os alumnos que cursen educación primaria e segundo de educación secundaria obrigatoria, durante o presente curso.

Categorías Subvención

  • Educación y Ciencia

Localización del organismo gestor

Galicia

Convoca:

Ayuntamiento de Cambre (Galicia)

¿Cuánto dinero puedes obtener con esta ayuda?

Concederanse 25 bolsas de estudo, de 60,00 euros cada unha destinadas aos alumnos do 2º ciclo de educación infantil, e 40 bolsas de 120,00 euros cada unha destinadas aos alumnos de educación secundaria obrigatoria (agás 2º), bacharelato e educación especial.
Repartiranse entre os beneficiarios que obteñan maior puntuación segundo o baremo exposto.

No caso de empate eliminaranse aqueles que teñan unha renda per cápita anual que sexa maior.
Se fose o caso de bolsas sobrantes dunha das categorías, pasarían á outra categoría automaticamente.

Beneficiarios. ¿Quién puede solicitar esta ayuda?

  • Particulares / Personas físicas

Detalle beneficiarios:

Poderán solicitar estas axudas aqueles que reúnan os seguintes requisitos:
1) Estar empadroado no Concello de Cambre.
2) Estar matriculado nun centro escolar.
3) Que os beneficiarios convivan co solicitante.
4) Pertencer a unha unidade familiar cunha renda per cápita anual non superior a 4500,00 euros.

Enténdese como renda per cápita anual a suma dos ingresos anuais obtidos por todos os membros que conforman a unidade familiar, dividido polo número de membros da unidade familiar sendo a súa determinación a da aplicación do disposto no artigo 84 do Real decreto lexislativo 3/ 2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Documentos asociados

Boletín: 15/10/2005
BO Provincia de La Coruña- Nº 236
Documento: Convocatoria curso 2005/06 Descargar Documento