Ayudas y subvenciones para los programas de escuelas taller y casas de oficios, de talleres de empleo y de unidades de promocion y desarrollo en el ambito de la Comunidad Autonoma de Galicia - convocatoria para el año 2008. Ampliación de créditos.

Código de ayuda:

S03128/08

Norma:

Orden de 21 de diciembre de 2007. Orden de 5 de junio de 2008.

Plazo de Solicitud:

Fecha Fin: 15/07/2008

Finalidad u objetivo de la ayuda:

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras, así como a convocatoria, en réxime
de concorrencia competitiva, para o ano 2008, das axudas e subvencións para os programas de escolas
obradoiro e casas de oficios, de obradoiros de emprego e de unidades de promoción e desenvolvemento no
ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Categorías Subvención

  • Empleo
  • Formación

Localización del organismo gestor

Galicia

Convoca:

Consellería de Trabajo (Galicia)

Beneficiarios. ¿Quién puede solicitar esta ayuda?

  • Asociaciones
  • Ayuntamientos/Municipios
  • Entidades sin ánimo de lucro, Ong´s
  • Fundaciones
  • Organismos / Entidades Públicas

Detalle beneficiarios:

Os proxectos de escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego poden ser promovidos por:

a) Organismos autónomos e entes e sociedades públicas e de dereito público da Comunidade Autónoma
de Galicia.
b) Órganos, organismos autónomos e entes e sociedades públicas e de dereito público da Administración
xeral do Estado.
c) Entidades locais, os seus organismos autónomos e entidades con competencias en materia de promoción
do emprego, dependentes ou asimiladas a elas, cuxa titularidade corresponda integramente ás ditas entidades locais.
d) Consorcios.
e) Universidades.
f) Fundacións, asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro.

As entidades promotoras deberán ser competentes para a execución das correspondentes obras ou
servizos e dispoñer da capacidade técnica e de xestión suficiente para a realización dos proxectos.
Non poderán ser beneficiarias as entidades que estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas
no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Poderán ser beneficiarios/as destes programas os mozos e mozas que, estando desempregados/as e inscritos/as no Servizo Público de Emprego de Galicia, sexan menores de vinte e cinco anos, no caso das
escolas obradoiro e casas de oficios, ou teñan unha idade igual ou superior no caso dos obradoiros de
emprego.

Os proxectos de unidades de promoción e desenvolvemento poderán ser promovidos polas mesmas
entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro que o artigo 6º desta orde prevé para escolas obradoiro,
casas de oficios e obradoiros de emprego.

En todo caso, as entidades interesadas en promover un proxecto de unidade de promoción e desenvolvemento deberán ter un ámbito de actuación de carácter supramunicipal, ser competentes para a execución dos servizos que pretenden prestar a través da dita unidade de promoción e desenvolvemento así como dispoñer da suficiente capacidade técnica e de xestión para garantir o seu adecuado desenvolvemento.
Non poderán ser beneficiarias as entidades que estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas
no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

¿Qué gastos o inversiones que realices te pueden subvencionar?

Os proxectos de escolas obradoiro e casas de oficios constarán de dúas etapas: unha, de carácter formativo de iniciación, e outra de formación en alternancia co traballo ou a práctica profesional, dirixidas
á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.

Nas escolas obradoiro, a duración de ambas as dúas etapas non será inferior a un ano nin superior a
dous, sendo a duración da primeira de seis meses. As casas de oficios terán a duración dun ano, dividido en dúas etapas de seis meses.

Os obradoiros de emprego terán unha duración máxima dun ano así como unha única etapa de formación
en alternancia co traballo ou a práctica profesional, que tamén estará dirixida á aprendizaxe, cualificación
e adquisición de experiencia profesional.
Transcorrido o prazo de duración previsto na resolución de aprobación do proxecto, a escola obradoiro,
casa de oficios ou o obradoiro de emprego considerarase finalizado.

A duración das unidades de promoción e desenvolvemento será de dous anos e estará dividida en fases de seis meses.

Transcorrido o prazo de duración previsto na resolución de aprobación do proxecto, a unidade de promoción e desenvolvemento considerarase finalizada.

Documentos asociados

Boletín: 15/01/2008
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 10
Documento: Bases, Convocatoria y Anexos Descargar Documento
Boletín: 12/06/2008
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 113
Documento: Ampliación de créditos Descargar Documento