Ayudas para la prevencion y defensa contra los incendios forestales en montes vecinales en mano comun y se convocan para el año 2008.
Código de ayuda:
S14637/08Norma:
Orden de 22 de febrero de 2008.Plazo de Solicitud:
Fecha Fin: 03/04/2008Finalidad u objetivo de la ayuda:
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de axudas que os titulares de montes veciñais en man común e as súas agrupacións poderán percibir para a posta en marcha deactuacións preventivas recollidas na lexislación galega sobre incendios forestais e a súa convocatoria para
o ano 2008, en réxime de concorrencia competitiva.
De acordo co devandito obxecto establécense tres liñas de axudas:
a) Liña I: subvencións para a realización de rozas manuais selectivas en montes veciñais en man común.
b) Liña II: subvencións para a xestión da biomasa nos montes veciñais en man común así como nas de
vías e camiños forestais incluídos neles.
c) Liña III: subvencións para a construción de puntos de auga nos montes veciñais en man común.
Ámbito de aplicación:
O disposto nesta orde será de aplicación aos montes veciñais en man común da Comunidade Autónoma
de Galicia, excepto aqueles que estean consorciados coa Administración, salvo que solicitasen a
rescisión do dito consorcio ou o seu paso a convenio con anterioridade á publicación desta orde.
Categorías Subvención
Agricultura, Ganadería, Caza y Pesca
Medio Ambiente y Energía
Localización del organismo gestor

Convoca:
Consellería del Medio Rural. (Galicia)Beneficiarios. ¿Quién puede solicitar esta ayuda?
- Asociaciones
- Autónomos
- Cooperativas y Sociedades Laborales no Agrarias
- Entidades sin ánimo de lucro, Ong´s
- Fundaciones
- Microempresas (menos de 10 empleados)
- Organizaciones Empresariales y Sindicales
- Particulares / Personas físicas
- Pymes (menos de 250 empleados)
Detalle beneficiarios:
Poderán ser beneficiarios destas axudas os titulares de montes veciñais en man común así como as súas agrupacións e mancomunidades, sempre que non incorran en ningunha das circunstancias recollidasno artigo 10.2º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
No caso de agrupacións, deberán facerse constar os compromisos de execución asumidos por cada
membro da agrupación. Cando se trate de agrupacións sen personalidade, deberán facerse constar
expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como a porcentaxe de axudas que percibirá cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á agrupación.
Non se poderá disolver a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007.
¿Qué gastos o inversiones que realices te pueden subvencionar?
Superficies forestais mínimas para solicitar axudas:Segundo a liña para a que se soliciten axudas, os requirimentos de superficie por expediente serán os
seguintes:
a) Liña I:
1º A superficie forestal mínima por expediente para esta liña será de cincocentas hectáreas (500 ha). Para
conseguir a superficie as CMVMC poderán formar unha agrupación, as cales terán que ser estremeiras
ou pertencer a un mesmo distrito forestal e sempre localizarse nunha mesma provincia.
2º Excepcionalmente, no caso de que a CMVMC, mancomunidade ou algunha das CMVMC que integren
a agrupación estivese localizada nalgún espazo declarado como zona de especial protección dos valores
naturais, segundo o recollido no Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados
espazos como zonas de especial protección dos valores naturais (Diario Oficial de Galicia nº 69, do 12 de
abril), a superficie mínima a que fai referencia o primeiro paragrafo sería de 200 ha.
b) Liñas II e III:
1º A superficie forestal mínima por expediente para estas liñas será de duascentas cincuenta hectáreas
(250 ha). Para conseguir a superficie, as CMVMC poderán formar unha agrupación, as cales terán que
ser estremeiras ou pertencer a un mesmo distrito forestal e sempre localizarse nunha mesma provincia.
2º Excepcionalmente, no caso de que a CMVMC, mancomunidade ou algunha das CMVMC que integren
a agrupación estivese localizada nalgún espazo declarado como zona de especial protección dos valores
naturais, segundo o recollido no Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados
espazos como zonas de especial protección dos valores naturais (Diario Oficial de Galicia nº 69, do 12 de
abril), a superficie mínima a que fai referencia o primeiro paragrafo sería de 100 ha.
Documentos asociados
Boletín:
03/03/2008
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 44
Documento: Bases, Convocatoria 2008 y Anexos Descargar Documento
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 44
Documento: Bases, Convocatoria 2008 y Anexos Descargar Documento
Boletín:
14/03/2008
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 53
Documento: Corrección de Errores Descargar Documento
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 53
Documento: Corrección de Errores Descargar Documento