Ayudas para la mejora de la eficacia y sustentabilidad de las explotaciones agrarias y para la incorporacion de nuevos activos agrarios, y se convocan para el año 2008.
Código de ayuda:
S12228/08Norma:
Orden de 15 de febrero de 2008.Plazo de Solicitud:
Para el año 2008 se establecen 2 periodos de convocatoria. 1º: hasta el 22/03/08. 2º: del 24/03/08 al 31/05/08.Finalidad u objetivo de la ayuda:
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras, e a convocatoria para o ano 2008 dasseguintes liñas de axuda:
a) Realización de plans de mellora nas explotacións agrarias.
b) Primeira instalación de agricultores mozos ou mozas.
Categorías Subvención
Agricultura, Ganadería, Caza y Pesca
Localización del organismo gestor

Convoca:
Consellería del Medio Rural. (Galicia)¿Cuánto dinero puedes obtener con esta ayuda?
a) A contía máxima de axuda, expresada en porcentaxe do investimento, con carácter xeral, poderá chegarata:
1º. O 45% do investimento, para bens inmobles, e o 25%, para bens mobles, nas zonas desfavorecidas
incluídas nas listas a que fai referencia os incisos i) e ii) da alínea a) do artigo 36 do Regulamento (CE)
nº 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro de 2005, que poderán acadar os beneficiarios, agás os
incluídos na letra c).
2º. O 35%, para bens inmobles, e o 20%, para bens mobles, nas demais zonas, que poderán acadar os
beneficiarios, agás os incluídos na letra c).
3º. O 50% do investimento, para bens inmobles, e o 30%, para bens mobles, nas zonas desfavorecidas
incluídas nas listas a que fai referencia os incisos i) e ii) da alínea a) do artigo 36 do Regulamento (CE)
nº 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro de 2005, que poderán acadar os beneficiarios incluídos na letra c).
4º. O 40%, para bens inmobles, e o 25%, para bens mobles, nas demais zonas, que poderán acadar os
beneficiarios incluídos na letra c).
b) No caso de agricultores ou agricultoras non profesionais, a axuda para bens inmobles reducirase un
10% e a de bens mobles un 5%con respecto ao indicado nos parágrafos 2.a.1º e 2.a.2º do presente artigo.
c) Se o beneficiario da axuda é un agricultor/a profesional, menor de 40 anos no momento da súa primeira
instalación que, simultaneamente a ela, ou nos seguintes 5 anos, presente un plan de mellora para a súa explotación, poderá obter unha axuda suplementaria do 5% do investimento, como máximo, das recollidas
nos parágrafos 2.a.3º e 2.a.4º deste artigo. Esta axuda suplementaria concederase, na súa integridade,
cando o plan de mellora da explotación corresponda a un agricultor/a mozo/a instalado ou que se vai
instalar na modalidade de titularidade exclusiva ou, cando se trate dunha explotación prioritaria asociativa
e, polo menos, a porcentaxe de socios/as mozos/as que cumpran este requisito sexa igual ou superior ao
50% dos socios totais.)
d) Se o beneficiario da axuda é un agricultor/a profesional, de máis de 40 anos e menos de 50 no momento da solicitude e non ten solicitada ou concedida unha axuda á primeira instalación, ou cando se trate dunha explotación agraria prioritaria asociativa e, polo menos, a porcentaxe de socios/as menores de 50 anos, que cumpran este requisito sexa igual ou superior ao 50% dos socios totais, obterán unha axuda
suplementaria de ata o 5%, das recollidas nos parágrafos 2.a.1º e 2.a.2º deste artigo.
e) No caso de que o beneficiario da axuda sexa titular dunha explotación de produción ecolóxica obterá
unha axuda suplementaria de ata o 5% das recollidas nos parágrafos 2.a.1º e 2.a.2º deste artigo.
f) A axuda consistirá na subvención, total ou parcial, dunha ou varias anualidades de amortización de
préstamos formalizados para levar a cabo o investimento, tendo en conta que a subvención non poderá
superar o límite de intensidade de axuda sobre o investimento total indicado na letra a). Estes préstamos
non poderán superar o 90% do investimento total que se vaia realizar, e formalizaranse no marco do
convenio financeiro, entre a Consellaría do Medio Rural e a entidade financeira, en vigor. Os préstamos
non se poderán amortizar anticipadamente ata que transcorrese polo menos 4 anos ou a metade do período previsto no documento de formalización coa entidade financeira. Para estes efectos considerarase a
data menor das dúas.
g) A axuda á amortización non poderá superar o 80% do importe do préstamo, e poderá aboarlla a consellería, dunha soa vez, directamente á persoa beneficiaria, logo de formalizado o préstamo e certificada a realización dos investimentos previstos.
h) No caso de non solicitar préstamo, poderá obterse unha axuda en forma de subvención de capital ata
un máximo de:
1º. O 20% do investimento, para bens inmobles e para bens mobles, nas zonas desfavorecidas incluídas
nas listas a que fan referencia os incisos i) e ii) da alínea a) do artigo 36 do Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro de 2005.
2º. O 15%, para bens inmobles e para bens mobles, nas demais zonas.
i) Non obstante, serán denegadas as solicitudes para investimentos de plan de mellora cuxo investimento
auxiliable sexa inferior a seis mil (6.000) euros por explotación, salvo que o tramo de investimento que
reste sen auxiliar, de acordo co límite que corresponda conforme o sinalado no número 1, non supere a
dita cantidade.
Beneficiarios. ¿Quién puede solicitar esta ayuda?
- Autónomos
- Cooperativas y Sociedades Laborales no Agrarias
- Microempresas (menos de 10 empleados)
- Particulares / Personas físicas
- Pymes (menos de 250 empleados)
Detalle beneficiarios:
Poderán ser beneficiarios as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións ou que pretendanselo e que cumpran os requisitos recollidos nesta orde.
Para solicitar a axuda presentarán unha solicitude, segundo o modelo que se especifica no anexo I, acompañada da documentación acreditativa do cumprimento das condicións, que, segundo o tipo de titular -
persoa física, xurídica ou comunidade de bens-, e as características da explotación, será a seguinte:
En todos os casos:
a) Ser titular dunha explotación agraria.
b) Presentar un plan de mellora da súa explotación conforme o indicado no artigo 5º.
c) Compromiso asinado de comprometerse a exercer a actividade agraria na explotación obxecto da axuda
durante, polo menos, cinco anos contados desde a data da certificación dos investimentos realizados, agás no caso de titulares non profesionais nos que o compromiso será de seis anos desde a presentación da
solicitude, así como cumprir as normas aplicables exixibles.
Este compromiso será sometido a seguimento, en virtude das inspeccións e controis que se establezan,
podéndoselle exixir, para eses anos e unha vez finalizado o período voluntario de presentación da declaración do IRPF, que remita ao servizo provincial de explotacións agrarias a copia cotexada da declaración do IRPF e os boletíns de cotización á Seguridade Social ou o informe de vida laboral.
d) Acreditar a súa viabilidade económica conforme o definido no número 16 do artigo 2º desta orde.
e) Xustificación de estar ao día nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social e de que non ten ningunha débeda pendente de pagamento coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Acadar polo menos unha UTA.
g) Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de conformidade
coa normativa comunitaria e nacional, coa propia orde e co programa de desenvolvemento rural de Galicia aprobado pola Unión Europea.
Documentos asociados
Boletín:
22/02/2008
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 38
Documento: Bases, Convocatoria 2008 y Anexos Descargar Documento
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 38
Documento: Bases, Convocatoria 2008 y Anexos Descargar Documento
Boletín:
25/04/2008
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 80
Documento: Corrección de Errores Descargar Documento
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 80
Documento: Corrección de Errores Descargar Documento