Ayudas para la conservacion y recuperacion de las poblaciones de conejo de monte autoctono - convocatoria para el año 2008.

Código de ayuda:

S03091/08

Norma:

Orden de 31 de diciembre de 2007.

Plazo de Solicitud:

Fecha Fin: 15/02/2008

Finalidad u objetivo de la ayuda:

Esta orde ten por obxecto o establecemento dun réxime de axudas aplicable aos terreos cinexéticos para a conservación e recuperación do coello de monte (Oryctolagus cuniculus), mediante a construción das instalacións necesarias para a súa cría en semiliberdade e a súa reintrodución no medio natural. Para
tal fin a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible levará a cabo un programa de actividades de divulgación das técnicas e medidas precisas para a consecución destes obxectivos.

Estas axudas tramitaranse baixo os principios de publicidade, transparencia, concorrencia competitiva,
obxectividade, igualdade e non-discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e
eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.

Categorías Subvención

  • Agricultura, Ganadería, Caza y Pesca
  • Medio Ambiente y Energía

Localización del organismo gestor

Galicia

Convoca:

Consellería de Medio Ambiente y Desarrollo Sostenible (Galicia)

¿Cuánto dinero puedes obtener con esta ayuda?

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible subvencionará investimentos ata un
máximo de 18.000 euros por beneficiario para as instalacións que cumpran os requisitos do anexo II e
doutros investimentos necesarios para a reintrodución dos coellos no medio natural, podendo chegar a porcentaxe da axuda ata o 100% do custo, onde soamente será opcional o peche superior.
O IVE non será subvencionable, tampouco todos aqueles gastos que figuren no artigo 29 da Lei 9/2007,
do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como non subvencionables.

Para os efectos do disposto no artigo 27.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,
permitirase a subcontratación total da actividade obxecto da subvención, agás cando, aumentando o
custo da actividade subvencionada, non achega valor engadido ao seu contido.

A contía das axudas estará condicionada, en todo caso, á existencia de dispoñibilidades orzamentarias.

Beneficiarios. ¿Quién puede solicitar esta ayuda?

  • Autónomos
  • Cooperativas y Sociedades Laborales no Agrarias
  • Cooperativas y Sociedades Laborales no Agrarias
  • Microempresas (menos de 10 empleados)
  • Pymes (menos de 250 empleados)

Detalle beneficiarios:

Poderanse acoller a estas axudas os titulares de terreos cinexeticamente ordenados de carácter societario (Tecor), que teñan a dispoñibilidade dos terreos para a realización das actuacións.

Non poderán ter a condición de beneficiarios das axudas previstas nesta orde as persoas ou entidades
en que se dea algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de
subvencións de Galicia.

¿Qué gastos o inversiones que realices te pueden subvencionar?

Son actuacións subvencionables destas axudas a construción das instalacións necesarias para a cría do
coello de monte en semiliberdade, que se inicien a partir da publicación da orde e que terminen no prazo
sinalado na resolución de adxudicación (supeditado ao límite temporal do ano 2008) a que se refire o
artigo 10 desta orde, así como de tobeiras artificiais a aqueles beneficiarios que teñan realizadas as instalacións anteriormente mencionadas, seguindo as instrucións do anexo II.

Documentos asociados

Boletín: 15/01/2008
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 10
Documento: Bases, Convocatoria y Anexos Descargar Documento