Ayudas a la apicultura, convocatoria para el año 2008.

Código de ayuda:

S14646/08

Norma:

Orden de 26 de febrero de 2008.

Plazo de Solicitud:

Fecha Fin: 03/04/2008

Finalidad u objetivo de la ayuda:

Esta orde ten por obxecto establecer as bases dun réxime de axudas en concorrencia competitiva para o
fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura, e proceder á súa convocatoria para o ano 2008.

O prazo en que debe ser realizada a actividade axudada corresponderá á anualidade delimitada no Programa Estatal aprobado pola Unión Europea e rematará o 1 de setembro do ano 2008.

Categorías Subvención

  • Agricultura, Ganadería, Caza y Pesca

Localización del organismo gestor

Galicia

Convoca:

Consellería del Medio Rural. (Galicia)

Beneficiarios. ¿Quién puede solicitar esta ayuda?

  • Ayuntamientos/Municipios
  • Cooperativas y Sociedades Laborales no Agrarias
  • Cooperativas y Sociedades Laborales no Agrarias
  • Microempresas (menos de 10 empleados)
  • Organismos / Entidades Públicas
  • Particulares / Personas físicas
  • Pymes (menos de 250 empleados)

Detalle beneficiarios:

Poderán optar ás medidas da axuda prevista no artigo 2º:

a) aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas. Será requisito para a obtención
das axudas, estar inscrito no Rexistro Oficial Apícola da Comunidade Autónoma, polo menos con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2007. Ademais, os beneficiarios deberán cumprir coas obrigas establecidas no o artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Os colmeares abandonados e as colmeas mortas non darán dereito ao cobramento de axudas polo seu titular.

b) Cooperativas apícolas e organizacións representativas con personalidade xurídica de seu, integradas
na súa maioría por apicultores que cumpran os requisitos da alínea a).
Un mesmo apicultor só poderá ser beneficiario de axuda por unha mesma actuación de forma única para
cada unha das súas explotacións, ben sexa a título individual ou ben como integrante dunha cooperativa
ou organización representativa.

¿Qué gastos o inversiones que realices te pueden subvencionar?

Poderán ser obxecto das axudas, consonte coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñados a:

a) Prestar información e asistencia técnica: asesoramento e formación de apicultores, formación de persoal
de centros de envasado e de laboratorios de organizacións apícolas, técnicas apícolas, divulgación.
Para esta liña a subvención será do 50% dos gastos.
b) Loita contra a varroase, actividades inescusablemente ligadas a un programa sanitario supervisado por un veterinario responsable da súa correcta aplicación e funcionamento: asociacións de defensa sanitaria,
custos de tratamentos químicos autorizados que non sexan subvencionados doutro xeito, métodos de
loita biolóxica, mellora das condicións de tratamento das colmeas. Para esta liña a subvención será do 50%
dos gastos en produtos ou outro material e o 70% do salario base da contratación dun veterinario, cunha
limitación de 25.200 € para subvención deste contrato.
Se a contratación do veterinario é en exclusividade a subvención será do 85 % e a limitación nese caso
é de 30.600 €.
c) Racionalizar a transhumancia: identificación das colmeas e dos marcos, investimentos en equipamentos
de uso exclusivo para manipulación de colmeas, divulgación de boas prácticas de transhumancia,
acondicionamento de espazos, seguro de danos e resPoderán ser obxecto das axudas, consonte coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e
encamiñados a:

a) Prestar información e asistencia técnica: asesoramento e formación de apicultores, formación de persoal
de centros de envasado e de laboratorios de organizacións apícolas, técnicas apícolas, divulgación.
Para esta liña a subvención será do 50% dos gastos.
b) Loita contra a varroase, actividades inescusablemente ligadas a un programa sanitario supervisado por un veterinario responsable da súa correcta aplicación e funcionamento: asociacións de defensa sanitaria,
custos de tratamentos químicos autorizados que non sexan subvencionados doutro xeito, métodos de
loita biolóxica, mellora das condicións de tratamento das colmeas. Para esta liña a subvención será do 50%
dos gastos en produtos ou outro material e o 70% do salario base da contratación dun veterinario, cunha
limitación de 25.200 € para subvención deste contrato.
Se a contratación do veterinario é en exclusividade a subvención será do 85 % e a limitación nese caso
é de 30.600 €.
c) Racionalizar a transhumancia: identificación das colmeas e dos marcos, investimentos en equipamentos
de uso exclusivo para manipulación de colmeas, divulgación de boas prácticas de transhumancia,
acondicionamento de espazos, seguro de danos e responsabilidade civil. Para esta liña a subvención será
do 50% dos gastos.
d) Apoio á repoboación apícola: programa de cría de raíñas autóctonas para a renovación do censo, reposición de baixas con enxames autóctonos. Para esta liña a subvención poderá será do 50 % dos gastos.

Documentos asociados

Boletín: 03/03/2008
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 44
Documento: Bases, Convocatoria 2008 y Anexos Descargar Documento