Ayudas a entidades colaboradoras de pesca fluvial para el fomento de la riqueza piscicola - convocatoria para el año 2008.
Código de ayuda:
S03100/08Norma:
Orden de 31 de diciembre de 2007.Plazo de Solicitud:
Fecha Fin: 15/02/2008Finalidad u objetivo de la ayuda:
O obxecto desta orde é regular a concesión de axudas a entidades colaboradoras que realicen actividadese investimentos para o fomento da riqueza piscícola.
Estas axudas tramitaranse baixo os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade,
igualdade e non discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na
asignación e utilización dos recursos públicos. Así mesmo, resultarán de aplicación os preceptos básicos
da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Categorías Subvención
Agricultura, Ganadería, Caza y Pesca
Localización del organismo gestor

Convoca:
Consellería de Medio Ambiente y Desarrollo Sostenible (Galicia)¿Cuánto dinero puedes obtener con esta ayuda?
A axuda poderá acadar o 100% dos gastos subvencionables, IVE excluído.Sen superar o porcentaxe anterior, as axudas terán os seguintes importes mínimos, que estarán limitados
en función do crédito orzamentario existente:
a) Vixilancia de tramos de pesca: trescentos corenta euros (340 €) por mes de vixilancia a xornada completa.
Nos casos dunha duración inferior ao mes ou dunha dedicación inferior á xornada completa, o importe reducirase de forma proporcional á duración do contrato e á dedicación.
b) Sinalización de tramos de pesca: cento cincuenta euros (150 €) pola colocación dun mínimo de 30
sinais. Nos casos dun número inferior de sinais, o importe reducirase de forma proporcional ao número
de sinais colocados.
c) Actividades educativas: cento cincuenta euros (150 €) pola organización de actividades cunha duración
conxunta superior ás 4 horas.
d) Accesos: cincuenta euros (50 €) por quilómetro linear de camiño ou carreiro creado ou mellorado.
Unha vez asignados os importes mínimos ás solicitudes que cumpran os requisitos exixidos, o orzamento
non asignado poderase distribuír entre aquelas actuacións en que a axuda cubra unha menor porcentaxe
dos gastos subvencionables. Os obxectivos finais serán os de igualar á alza estas porcentaxes en todos os expedientes e, en segundo lugar, acadar a máximo porcentaxe de axuda.
A distribución realizarase segundo a orde de preferencia e os criterios seguintes:
a) O 20% do orzamento non asignado destinarase a incrementar as axudas a actividades educativas.
Incrementaranse aquelas axudas que cubran unha menor porcentaxe dos gastos subvencionables.
b) O 10% do orzamento non asignado con antelación destinarase a incrementar as axudas á sinalización
de tramos de pesca, cos mesmos obxectivos que os do punto anterior.
c) O 10% do orzamento non asignado con antelación destinarase a incrementar as axudas a accesos, cos
mesmos obxectivos que os da alínea a).
d) A totalidade do orzamento restante destinarase a incrementar as axudas á vixilancia de tramos de pesca.
Os obxectivos finais dos incrementos serán os mesmos que nos puntos anteriores.
e) De darse o caso, o orzamento sobrante dos procesos anteriores distribuirase mantendo a mesmo orde
de preferencia e co obxecto de acadar a máxima subvención posible en cada caso.
Se por causa xustificada o importe final dos gastos fose menor do que se considerou subvencionable, o pagamento será minorado na porcentaxe que corresponda.
Non será causa de incremento da axuda que o importe final dos gastos sexa superior ao tomado en
consideración para a concesión daquela.
En ningún caso se concederán aboamentos á conta ou pagamentos anticipados.
Beneficiarios. ¿Quién puede solicitar esta ayuda?
- Asociaciones
- Cooperativas y Sociedades Laborales no Agrarias
- Cooperativas y Sociedades Laborales no Agrarias
- Microempresas (menos de 10 empleados)
- Organizaciones Empresariales y Sindicales
- Pymes (menos de 250 empleados)
Detalle beneficiarios:
Poderán ser beneficiarias as sociedades ou asociacións que teñan o nomeamento de entidade colaboradora,de conformidade co disposto na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, e no Regulamento de
ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais. Este nomeamento deberá estar en
vigor tanto no momento de presentar a solicitude de axuda como no momento do pagamento desta.
Non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas ou entidades
en que concorran algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
¿Qué gastos o inversiones que realices te pueden subvencionar?
Poderán acollerse a estas axudas as actividades realizadas no ámbito do fomento da riqueza piscícolaincluídas nalgunha das seguintes categorías:
a) Vixilancia de tramos de pesca: todos os gastos directamente relacionados coas tarefas de vixilancia
de tramos de río.
b) Sinalización de tramos de pesca: gastos directamente relacionados coa información á beira do río
sobre a normativa de pesca aplicable aos distintos tramos incluíndo entre outros, carteis, soportes e gastos
de colocación.
c) Actividades educativas: gastos directamente relacionados coa organización de cursos e outros actos
formativos, educativos ou divulgativos incluíndo entre outros, salarios ou gratificacións para relatores, publicidade e edición de material didáctico.
d) Accesos: creación, mantemento e conservación de accesos a tramos de pesca e adecuación de sendas
e postos de pesca, incluíndo equipamento e materiais necesarios para estas tarefas.
Para ter acceso a estas axudas, deberán cumprirse as seguintes condicións:
a) Vixilancia de tramos de pesca: deberá ser exercida por vixilantes xurados de pesca fluvial, con
nomeamento regulado nos artigos 29 da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial e 86 do seu regulamento.
Poderanse acoller a estas axudas os contratos en vigor a partir do 1 de outubro de 2007 naquela parte dos gastos que non fosen obxecto de subvención noutras ordes de axuda da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Será obxecto de axuda a totalidade do contrato cando na súa vixencia se inclúan os meses de xullo, agosto e setembro íntegros. Noutros contratos unicamente será obxecto de axuda a parte correspondente aos meses de xullo, agosto e setembro.
b) Sinalización de tramos de pesca: o formato, a situación e demais características dos sinais deberán ser aprobados polo Servizo Provincial de Conservación da Natureza previamente á execución dos traballos.
Será condición indispensable que con anterioridade ao comezo dos traballos, o servizo citado expida ou valide unha certificación de non comezo.
c) Actividades educativas: cunha antelación mínima de 15 días ao seu comezo, deberá notificarse ao
Servizo Provincial de Conservación da Natureza o programa definitivo e o lugar de realización, para que
leve a cabo as comprobacións necesarias e poida certificar a súa realización.
d) Accesos: as características dos traballos deberán constar nunha memoria ou proxecto técnico que
requirirá a aprobación do Servizo Provincial de Conservación da Natureza previamente á súa execución.
Será condición indispensable que con anterioridade ao comezo dos traballos, o servizo citado expida ou
valide unha certificación de non comezo.
Documentos asociados
Boletín:
15/01/2008
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 10
Documento: Bases, Convocatoria y Anexos Descargar Documento
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 10
Documento: Bases, Convocatoria y Anexos Descargar Documento